2019-2020

Organizador curso

Titorización do alumnado durante o estado de alarma

     

Na Aula Virtual do Portal educativo do Cra de Rianxo están aloxadas as indicacións do profesorado co respecto á titorización do alumnado durante o estado de alarma

Aula Virtual. Curso. Luzada. C2020 (Escola Rosalía de Castro-Cruceiro). Titoría: Sol Beiroa
(Entrar como Convidado ou Convidada)

Galerías de imaxes con actividades realizadas durante o estado de alerta. Ver álbum de imaxes DIARIO DA CORENTENA na Aula Virtual, Curso Luzada-Escola Rosalía de Castro.

Imaxes (escolma) e enlaces a videos do Diario da corentena

     
     
     
     
 

SAÚDOS DENDE OS CAMPAMENTOS

DE REFUXIAD@S SAHARAUÍS

 O SEÑOR MAGO E A FOLLA 

contado por Elena e Petra

VACALOURA

investigación de Eira e Elisa

 HABÍA UNHA VELLA CHAMADA LUCÍA

recitado por Eira e Elisa

EU QUEDO NA CASA

contado por alumnado e familias

 EL ÁRBOL DE LOS RECUERDOS

contado por María R. León

  DÍA DO LIBRO

EI VÉN MAIO

cantado por Emilio (e Emilio) Saborido

CuORE_NTenA

 música de Adrián, Carlos e Ana

CORENTENA CREATIVA

nóas tamén somos artistas

OOTECA DE MANTIS RELIXIOSA

investigación de Icía, Adrián e Ana

¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?

contado por Petra

 LETRAS GALEGAS 2020

Normalización CRA de Rianxo

TAMAÑOS NA MIRADA

(fotografías con perspectiva forzada)

 
     
     

8M:RUEIRO REIVINDICATIVO


Adicado a Maruja a Ferrancheira, Maruja a do Regho, Carmen a Pachina e Mariña Riveiro,
mulleres referentes na parroquia de Taragoña

Como continuación da actividade programada pola Anpa Irmáns Ínsua e realizada polo alumnado do CRA de Rianxo no pasado curso escolar, dentro dos actos 8M-2020 realizamos a campaña Rueiro reivindicativo, co fin de visibilizar a ausencia maioritaria de nomes de mulleres nas prazas e rúas das nosas vilas.

ENTROIDO

 A ESCOLA DE CAPELA CONVIDOUNOS A FESTEXAR O ENTROIDO POLAS SÚAS TERRAS E ALÓ FOMOS NÓS COA NOSA PANADARÍA ROSALÍA, A REPARTIR PAN, FARIÑA, MÚSICA, ALOUMIÑOS E  ALEGRÍA.

Admisión curso 2020-21

Todo as solicitudes de nova admisión para o vindeiro curso 2020-2021 foron admitidas. A listaxe provisional está exposta na sede en Atalaia Asados, tal e como estipula a normativa vixente.

Atendendo a esa mesma normativa, ábrese un prazo de tres días hábiles para as posibles reclamacións. De non existir reclamacións, a lista definitiva sairá publicada o vindeiro martes, día 26.

Fondo libros 2020-21

A consellería de Educación ven de publicar as instruccións para solicitar as axudas do Fondo Libros.

Achegasevos enlace á folla Fondo Libros da Consellería de Educación

Recoméndase a presentación telemática, non obstante quen teña que facela presencial, antes chame ao centro ben ao 981863305 ou ao 620635295.

Os alumnos e alumnas que para o curso que ven cambien de centro deben poñerse en contacto cos centros respectivos. Sempre antes de ir chamar por teléfono.

CEIP CASTELAO INSTRUCCIÓNS  TELEFONO 881866861

CEP BREA SEGADE 881867046

CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ INSTRUCCIÓNS, TELEFONO 881867175

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2020

VIDEO HOMENAXE A D. RICARDO

CARBALLO CALERO

"As palabras teñen vida"

PANADARÍA

VALENTÍN CONVIDOUNOS A PASAR UNHA MAÑÁ NA SÚA PANADARÍA.
APRENDEUNOS O SEU BO OFICIO DE PANADEIRO E DE ANFITRIÓN. 
E NÓS GOSTAMOS TANTO DE ESCOITALO, COMO DE AMASAR, COMER UNHA RICA EMPANADA E LEVAR PARA AS NOSAS CASAS UNHAS SABOROSAS BOLAS DE PAN.

 
   

REVISIÓN PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

 

C.R.A. DE RIANXO
PROGRACIÓN DIDÁCTICA 2019-2020
EDUCACIÓN INFANTIL


De acordo coas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia o C.R.A. de Rianxo ten adoptado os seguintes acordos a respecto das pautas metodolóxica e desenvolvemento da avaliación na 2º etapa da Educación Infantil:


· PAUTAS METODOLÓXICAS: As recollidas no documento anexo a este, que en todo caso priorizan as recomendacións da Consellería de Educación e que se fundamentan no seguinte principio: Todos as persoas responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou membros das Administracións, extremarán o seu coidado para apoiar os  estudantes e as súas familias, os docentes e todos os membros da comunidade educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar.


· CRITERIOS DE AVALIACIÓN: O centro acorda adoptar como criterios para realizar a 3º avaliación e a avaliación final de curso os mesmos criterios previstos para a 2º Avaliación do presente curso 2019-20. Motívase esta decisión por ser a que inda tendo en conta as limitacións da propia situación é a que mais se axusta tanto as recomendacións propostas pola Consellería de Educación como á necesaria adaptación destas recomendacións ás singularidades do noso centro.

En Rianxo a 12 de Maio de 2020

DOCUMENTO ANEXO: CONSIDERACIÓNS METODOLÓXICAS

 

Distribuir contido