2019-2020
Matricula alumnos e alumnas de novo Ingreso
Todos os alumnos e alumnas que solicitaron praza no C.R.A. de Rianxo, foron admitidos. Corresponde agora realizar o trámite da matrícula
Enviouse correo electrónico a todas as familias coa seguinte documentación: carta con instruccións, modelo de solicitude, modelo de inscripción na ANPA (voluntario)
Prazo para realizar a matrícula: do 22 de Xuño ao 8 de Xullo.
Presentación:
Presencial na sede do centro en Atalaia - Asados RIANXO. Hai que pedir cita previa no teléfono 981863305 entre as 10:30 e as 14:00
Correo electrónico: cra.rianxo@edu.xunta.es . Pode remitirse a documentación asinada e escaneada
Enlace á documentación que hai que cubrir:
O EQUIPO DIRECTIVO, EN RIANXO A 19 DE XUÑO DE 2020
- APIs de Blogue
FIN DO CURSO
O curso 2019-2020 chega ao seu fin tras 6 meses de convivencia entre alumnado e familias e 3 de confinamento.
ADICADO CON TODO O AMOR ÁS CRIANZAS DA ESCOLA QUE, COA VELA CHEA DE VENTO E SOL, INICIAN O SEU NAVEGAR NOUTROS MARES. ATA SEMPRE, COMPAÑEIRAS!! ATA SEMPRE, COMPAÑEIROS!!!
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
POESÍA DO CORONAVIRUS
BRUNO ,QUE LEVA CAMIÑO DE SER ESCRITOR,
QUIXO DESPEDIR ESTE CURSO TAN ATÍPICO
CUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA ESTE PERÍODO
QUE ESTAMOS A VIVIR.
(Transcripción)
GALEGOS E GALEGAS
GALEGOS E GALEGAS COIDADO CON ESTE VIRUS
PORQUÉ O CORONAVIRUS PODE CONTAXIAR.
PERO NA CASA HAI QUE ESTAR PARA GAÑAR A ESTE VIRUS
E AS FASES QUE HAI QUE CUMPLIR:
FASE 1, FASE 2, FASE 3, FASE 4 E FASE 5
Bruno Barreiro
- APIs de Blogue
Axudas á conciliación para o coidado de fillos/as menores
AXUDAS CONCILIACIÓN
No DOGA do 12 de xuño de 2020 publícase RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI440A)
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só se son familias monoparentais) que no período comprendido, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
AXUDAS CONCILIACIÓN DERIVADAS DAS CONSECUENCIAS DA COVID 19
Por outra parte e relacionado coa conciliación a Xunta publicita unha liña de axudas específicas relacionadas coas consecuencias da COVID:
ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario (código de procedemento BS900C).
- APIs de Blogue
Cousiñas do noso CRA
Un ano máis, entre todo o alumnado e profesorado do CRA de Rianxo ilustramos e deseñamos a revista escolar "Cousiñas do noso CRA", esperamos que vos guste. Agora que este curso chega ao seu fin, dende o E. D. L. G. queremos agradecervos o esforzo realizado neste ano tan complicado e desexamos que pasedes un moi bo verán.
- APIs de Blogue
FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!
HOXE 5 DE XUÑO, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!
AQUÍ VOS QUEDA ESTE XOGO ELABORADO POLAS PROFES LUCÍA E TERE PARA APRENDER A COIDAR O NOSO PLANETA MENTRES XOGAMOS.
DISFRUTÁDEO E COIDADE O NOSO PLANETA OS 365 DÍAS DO ANO!
- APIs de Blogue
FALEMOS DE SENTIMENTOS:
Neste tempo tan convulso e distinto ao que viñamos estando afeitos, temos que coidar mais ca nunca o noso benestar tanto físico como emocional. Por iso é importante darlles canles aos mais cativos para que poidan expresar todo o que precisen, os seus medos, as inquedanzas, o seu parecer, a súa ledicia...
- APIs de Blogue
OS MAIOS
O Coronavirus non foi quen de impedir que festexásemos o renacer da primavera, das flores, en resumo, da VIDA.
Por iso este ano a Festa dos Maios cobrou un significado mais especial se cabe na nosa escola e nas nosas casas. As nosas composicións de maios enchéronse de mais cor ca nunca, de fermosura, de grandes esperanzas, desexos e de vida.
Este ano cantámoslle ó maio mais alto ca nunca.
- APIs de Blogue
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
Como ben sabedes neste curso o noso proxecto de centro xira entorno á GASTRONOMÍA.
Así durante o confinamento por mor do Coronavirus, tivemos ocasión de cociñar deliciosas receitas coa axuda das nosas familias. Pero tamén nos quedou tempo para desfrutar doutro gran pracer, o da lectura.
Un dos contos que máis nos gustou, relacionado co proxecto de Gastronomía, foi: "Unha eiruga moi larpeira".
Gustounos tanto que decidimos facer a nosa particular versión, e contárvolo a tod@s vós.
- APIs de Blogue
DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL
O 23 de abril celébrase o Día do Libro. Este ano tocounos festexalo dunha maneira distinta, pero non por iso menos orixinal. Nesta ocasión xogamos a reproducir portadas dos nosos libros preferidos, aquí tendes a mostra do noso traballo.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »