Historias

FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

DENDE O CRA DE RIANXO DESEXÁMOSVOS UN FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2017!

SE PICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á NOSA HOMENAXE A CARLOS CASARES. A NOSA PARTICULAR VERSIÓN DA GALIÑA AZUL!

DISFRUTÁDEA E QUE VIVAN AS NOSAS LETRAS!

Navegando entre novas

                                                                         

Pica na foto para acceder ó traballo realizado nas escolas e coas familias durante a semana da prensa 2017.

"Equipo de Biblioteca e Equipo de Normalización e dinamización Lingüística"

 

EXTRA! EXTRA! @S CIENTÍFIC@S DE QUINTÁNS DISECCIONAN UN PEIXE!

EN QUINTÁNS REPETIMOS DISECCIÓN!

O DÍA 21 DE FEBREIRO DO 2017, NA ESCOLA DE QUINTÁNS, OS NENOS E NENAS DA MESMA, ESTIVERON ESTUDIANDO OS PEIXES. INVESTIGARON SOBRE AS SÚAS CARACTERÍSTICAS, DESCUBRINDO QUE PERTENCEN AO GRUPO DOS PEIXES DENTRO DOS VERTEBRADOS.TAMÉN PUIDERON SABER DE PRIMEIRA MAN, TODAS AS PARTES INTERNAS DESTES ANIMAIS ACUÁTICOS:ESTÓMAGO, CEREBRO, ESPIÑA DORSAL, BRANQUIAS...E POR SUPOSTO TODAS AS EXTERNAS: ALETAS, COLA, OLLOS, ESCAMAS...

A INVESTIGACIÓN DEU MOITO DE SI, TANTO, QUE NO ESTÓMAGO DA AMIGA FANECA, APARECERON RESTOS DUN BEBÉ CARANGUEXO.

TODA UNHA EXPERIENCIA VITAL!

VISÍTANOS O PAI DE ANTÍA. ESTUDAMOS AS MÁQUINAS!

Neste mes de maio, entre moitas outras cousas, os nen@s de primaria de Quintáns estivemos estudando as máquinas. Máquinas simples, máquinas complexas, as pezas destas...En resumo, máquinas que nos fan a vida máis fácil. O profe Pablo, explicándonos este tema, díxonos que cunha pequena máquina como era o gato do coche, podíamos levantar o seu coche branco do chan, sen apenas facer esforzo. Aproveitando que a Juan, o pai de Antía lle gustan moito estas cousas de ferramentas e mecánica, invitámolo á escola para explicarnos o funcionamento do famoso "gato". Quedamos abraiados ó ver que unha máquina tan pequena podía levantar algo tan enorme cun pequeno esforzo. Ademais Juan, ensinounos como funcionaba o motor do coche do profe: alternador, batería, radiador...todas as pezas necesarias para o funcionamento correcto dunha máquina complexa. Unha lección maxistral de mecánica e enxeñería! Aquí vos quedan as fotos desta gran experiencia!

Moitas grazas por vir Juan! Es "unha máquina"!

MAIO MAÍÑO, CO ANIVERSARIO DE LUCÍA, TOMAMOS UN BISCOITIÑO!

O mes de maio trouxo frores, literatura e moitas festas. Entre elas o aniversario de Lucía que xa cumpriu 5 anos! Para celebralo como sempre, zume e biscoito!

Parabéns Lucía! Que medres moito!

EN ABRIL, CUMPREN ANOS...OS DE INFANTIL!

No mes de abril, os máis pequenos de Quintáns cumpriron "anos mil". Parabéns Xulia e Hugo! A seguir cumprindo anos, e nós a festexalos con vós! Con tortas así de ricas...quen non!

PARABÉNS PEQUERRECHOS!

23 DE ABRIL, POLOS LIBROS!

A Quintáns tamén chegou abril, mes dos libros, e mentres traballamos no estupendo encargo que nos fixo Daniel da creación de un libro sobre Manuel María, chegou xa o 23 de abril, día mundial do libro. Na aula de primaria pensamos en como podiamos celebralo e cun lote de imaxinación decidimos facer unha película. Así como o oídes! Unha película adicada ós libros que tanto apreciamos e que tanto nos ensinan.

Asi pois, fixemos que nesta montaxe non faltase de nada. Un plató con decorado, escribimos un guión co que tiñamos que dicir, maquillaxe, perruquería e por suposto...luces, cámara e ACCIÓN!

Aquí vos queda o resultado final! Agardamos que vos guste a nosa superprodución, e por suposto...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

  

VISÍTANOS A NAI DE MIGUEL

Os nenos de infantil estamos aprendendo cousas sobre os bosques e en primaria, estudamos un monte de cousas interesantes sobre as prantas.

Que mellor maneira para aprender aínda máis destes cousas que velas de preto! Así pois, convidamos  a Isabel, a nai de Miguel a vir á escola xa que ela é florista e sabe un montón de cousas sobre flores e prantas de todo tipo. Tanto silvestres como cultivadas.

Cando chegou xa nos entusiasmamos, xa que traía unha morea de cousas bonitas para que visemos. Plantas de interior, de exterior, árbores froiteiras...

Explicounos como prantar árbores e como coidar ben as plantas. Ensinounos unhas flores ben bonitas, e ademais díxonos que os tulipáns viñan de Holanda!

Foi unha visita moi agradable por todo o que aprendemos, pero ademais antes de irse, fíxonos un agasallo estupendo. Un clavel para cada un e tamén uns caramelos.

Moitas gracias por visitarnos Isabel! 

PARABÉNS ROI!

MARZO MARZAL,

E ROI XA ESTÁ FEITO UN CHAVAL!

MARZO MARZOLO,

E ROI XA SE FIXO UN RAPAZOLO!

 

NO MES DE MARZO COA PRIMAVERA MEDRAN AS FLORES...E OS NENOS!

NOVAS DO PROFE IVÁN!

Un día chegounos unha carta á escola nun sobre de cor Rosa. Viña dirixido á Escola de Quintáns. 

Abrímolo para saber de quen viña e a nosa sorpresa foi...

Que era do Profe Iván que estivo con nós fai 2 cursos! Na clase de infantil só o chegou a coñecer Hugo, xa que os outros nenos e nenas aínda non estaban con nós na escola.

Que ilusión nos fixo! Encantounos saber del e recibir as súas mostras de cariño a través dunha bonita postal cunha vaca vermella!

Fixemos unha foto para enviarlla e que se puxera contento de saber de nós! Despois levamos a postal para a aula de primaria, onde están agora case todos os que foron alumnos do Profe Iván e alí a pegamos coas nosas cartas especiais como as que nos manda Daniel.

Foi unha sorpresa moi agradable!

Distribuir contido