Historias

TITERES NA ESCOLA

Hai uns días a profesora Marta púxonos deberes. A partir duns títeres que deixou na aula tiñamos que invertar unhas historias para representalas despois. Aos monecos de Marta nós engadímoslles uns vellos títeres que tiñamos. E estas son, resumidas, as dúas historias que creamos no pouco tempo que lle poidemos adicar.
 

De cando Carapuchina se atopou cun fauno.
   
CARAPUCHIÑA ÍA A CASA DA AVOÍÑA A LEVARLLE TORTIÑAS DE MEL. POLO CAMIÑO TOPOU CO PORCO QUE LLE PREGUNTOU:
- ONDE VAS CARAPUCHIÑA?
- VOU A CASA DA MIÑA AVOÍÑA A LEVARLLE TORTIÑAS DE MEL.
- DASME UNHA? VOLVEU PREGUNTAR O PORCO.
- NON, QUE SON PARA A MIÑA AVOÍÑA. VAI Ó BOSQUE E TERÁS LANDRAS.
   

MÁIS ADIANTE ATOPOUSE CUN PALLASO, UN PRÍNCIPE E UNHA PRINCESA E CON TODOS ELES TIVO SIMILAR DIÁLOGO.

- VAI Ó CIRCO E TERÁS CHURRASCO. RECOMENDOULLE Ó PALLASO.

- VAI Ó CASTELO, ALÍ HAI PASTEIS. DÍXOLLE Ó PRÍNCIPE.

- VAI Ó PAZO, TERÁS BOCADILLOS. FALOULLE Á PRINCESA.

   

CANDO XA ESTABA A CHEGAR A CASA DA AVOÍÑA, APARECEU POLO CAMIÑO UN FAUNO QUE, LAMBÓN COMO ERA, Ó ENTERARSE DO QUE LEVABA CARAPUCHIÑA NO CESTO QUIXO COMER TODAS AS TORTIÑAS DE MEL.

- NON, QUE SON PARA A MIÑA AVOÍÑA!!

- POIS SE NON MAS DAS COMEREICHE A TI E CUN OSO DA TÚA PERNA FAREI UNHA FLAUTA!!

A CARAPUCHIÑA SOBROULLE TEMPO ANTES DE QUE O FAUNO ACABARA DE FALAR PARA DARLLE TÓDALAS TORTIÑAS DE MEL.

MENTRAS MIRABA COMO O FAUNO SE ALONXABA E SE LLE ÍA PASANDO O SUSTO PREGUNTÁBASE QUE LLE PODERÍA LEVAR AGORA DE AGASALLO A SÚA AVOA. ENSEGUIDA SE ACORDOU DO PORCO, O PALLASO, O PRÍNCIPE E A PRINCESA. CHAMOU POR ELES E Ó POUCO PUIDO ENCHER OUTRA VEZ O CESTO COAS LANDRAS, O CHURRASCO, OS PASTEIS E OS BOCADILLOS QUE OS SEUS AMIGOS LLE OFRECERON.

E COLORÍN, COLORADO

ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.

   

Brancaneves e o lobo.

   

UNHA TARDE ESTABA BRANCANEVES MIRANDO POR UNHA VENTÁ DO SEU CASTELO CANDO VIU QUE UN REI CHAMABA A SUA PORTA.

- BRANCANEVES, DEIXASME ENTRAR? FÓRA TEÑO MOITO FRÍO!!

- PASA, PASA , AQUÍ TERÁS CALOR!

   

               POUCO DESPOIS PETARON Á PORTA DOUS PORQUIÑOS. TIÑAN MOITA FAME E BRANCANEVES OFRECEULLES COMIDA.

MÁIS TARDE CHEGOU UN POLICÍA. TIÑA MOITO SONO E BRANCANEVES INVITOUNO A DURMIR NUNHA CAMA BRANDIÑA.

   

XA CASE ESTABA O CASTELO CHEO CANDO CHEGOU POR ALÍ O LOBO E, SEN CHAMAR Á PORTA, ENTROU.

- BRANCANEVES, VÉÑOVOS COMER A TODOS!!

E O REI, QUE SE ESTABA QUENTANDO, DIXO:

- LOBO, SE QUERES AGASALLOS NESTE NADAL XA TE PODES PORTAR BEN!!

   

E OS PORQUIÑOS, QUE ESTABAN COMENDO, DIXÉRONLLE:

- LOBO, SE NO SAN MARTIÑO QUERES CHOURIZOS XA TE PODES PORTAR BEN!!

CON TANTO BALBORDO DESPERTOU O POLICÍA, E Ó SABER DAS INTENCIÓNS DO LOBO FALOU ASÍ:

- LOBO, SE QUERES SER LIBRE XA TE PODES PORTAR BEN!!!

E O LOBO FOISE Ó BOSQUE, LIBRE, PENSANDO NO SAN MARTIÑO E NA NOITE DE REIS.

E COLORADO, COLORÍN

ESTE CONTO CHEGOU Ó FIN

 

A Aldea Maldita

 

O papá de Borja estivo estes días buscando en internet información sobre a aldea abandonada de Abuín.

Sabe que na escola valoramos moito as historias, as de antes e as de agora, e trouxonos un folio cheo de datos. Ímosvolos resumir:

A lenda dí que sobre a aldea caeu unha maldición, pero hai distintas versións sobre a orixe desta. O saqueo do monasterio de Armenteira, un cáliz arroxado por un cura, un tesouro oculto por unha familia, e mesmo un botín enterrado polos pobos nórdicos son algunhas das explicacións recollidas.

O abandono da aldea por parte dos seus habitantes tamén pode ter outra orixe. Según Victor Barbeito, arqueólogo, no século XIV unha mortífera enfermidade, a peste, entra na comarca do Barbanza.

A rapidez coa que se propagaba a peste, provocando a morte de boa parte da poboación, levou á xente a crer que se trataba dun castigo divino.

Os habitantes de Abuín puideron, según esta teoría, abandonar a súa aldea pensando que estaba maldita.  

A lenda do Castro Barbudo

OLA, SON BORJA, E QUÉROVOS FALAR DO CASTRO BARBUDO.

   O MONTE CASTRO BARBUDO, MÁIS COÑECIDO COMO  " CASTRO ", É  UN DOS MONTES  MÁIS ALTOS DO CONCELLO DE RIANXO, CUNHA ALTITUDE DE 340 METROS SOBRE O NIVEL DO MAR.

A SÚA SITUACIÓN, Ó NORTE DA PARROQUIA DE TARAGOÑA, CONVÍRTEO NUN MIRADOR DA RÍA DE AROUSA EXTRAORDINARIO.

HAI UNHA LENDA CONTADA POLOS NOSOS ANTERGOS, REFERIDA A ESTE MONTE, QUE DÍ O SEGUINTE:

POR DEBAIXO DISCORRE UN RÍO CAUDALOSO, CON AUGA LIXEIRA, CRISTALINA, LIMPA E FRESCA: UN PEQUENO RIACHUELO AFLORA Á SUPERFICIE NUNHA FONTE, A CHAMADA "FONTE  DA CARRENLA". ESTE MANANTIAL SERVIU DE APROVISIONAMENTO DE AUGA PARA AS XENTES E OS ANIMAIS ATA FAI POUCO TEMPO.

TAMÉN DIN QUE DENDE O LUGAR DE CORQUES, OUTROS CONTAN QUE DENDE A PRAIA DA TORRE, OS MOUROS FIXERON UN TUNEL POR DEBAIXO DO MONTE QUE LLES SERVÍA PARA AGACHARSE DAS PERSECUCIÓNS ÁS QUE ERAN SOMETIDOS.

NO INTERIOR DA GALERÍA SUBTERRANEA, SEGUNDO A LENDA, OS BANDOLEIROS AGACHABAN OS SEUS TESOUROS EN PETOS. POR ISO, DISE QUE NO CASTRO BARBUDO HAI PETOS CHEOS DE OURO.

O CERTO É QUE ESTE RELATO HISTÓRICO NON DEIXA DE SER UNHA LENDA!

O Castro Barbudo e praia da Torre

TEXTO: FAMILIA DE BORJA

PARA MARISA E MARTA

OS NENOS DE PAZO QUEREMOSLLES DICIR A MARISA E A MARTA QUE NOS GUSTOU MOITO A SESIÓN DE BIBLIOTECA E A DE MÚSICA.

 GRAZAS POR FACELO TAN DIVERTIDO.

A Serea do Pozo Bastón

Estes días, relendo un libriño titulado " Os mouros no Imaxinario Popular ", de Mar Llinares García, atopei recollida unha lenda que fai referencia ó Pozo Bastón, un lugar onde o río Té , na súa baixada polos montes de Araño en busca do mar, forma unhas fermosas pozas.

Aquí tendes a historia tal e como alguén lla contou á autora do libro.

Saúdos para todos. Sol

♣ 

"NO POZO BASTÓN DURANTE UNHA SEMANA IBA UN MOZO E NON VIÑA DE VOLTA, OUTRO, E DESAPARECÍA.

O ÚLTIMO DÍA DA SEMANA FOI UN CURA.

ÁS DOCE SALEU A DAMA PEINANDO OS CABELOS LOIROS CUN PEINE DE PLATA. DENDE ENTÓN DIN QUE HAI UNHA SIRENA. ERA DAMA DE CORPO PARA ARRIBA E SIRENA PARA ABAIXO.

 OS MOZOS NAMORÁBANSE DELA E TRAGÁBAOS A AUGA.

O CURA DIXO QUE NON O CREÍA, E QUE IBA IR ÉL, E SE NON VOLVÍA ERA VERDÁ.

E NON VOLVEU. " 

 

O Castelo da Lúa

OLA, EU SON DANI E TEÑO 4 ANOS. VIVO NO PAZO E MOI PRETO DA MIÑA  CASA ESTÁ O CASTELO DA LÚA

VANESA, A MIÑA NAI, CONTOUME QUE CANDO ELA ERA UNHA NENA GUSTÁBALLE ESCOITAR

ÓS MÁIS VELLOS DA ALDEA CONTAR HISTORIAS MOI FERMOSAS SOBRE ESTE CASTELO. 

A QUE MÁIS LLE GUSTABA  É A QUE SEGUE:

 

 

Dani e a súa irmá Irene nos restos do Castelo da Lúa (Pazo)

 

 

 "FAI MOITOS, MOITOS  ANOS CHEGOU Á PRAIA DO PAZO UN BARCO ÁS ORDES DUN CAPITÁN MOI COBIZOSO

E ATRACARON NUN PEQUENO EMBARCADOIRO PARA CARGAR UNS POUCOS VÍVERES E SEGUIR LOGO O RUMBO.

 CANDO ATRACARON, O CAPITÁN  QUEDOU ABRAIADO COA BELEZA DUNHA MOZA MORENA DE LONGA MELENA.

MÁNDOU  OS SEUS MARIÑEIROS QUE A TROUXERAN E UNHA VEZ  QUE A TIÑA DIANTE PREGUNTOULLE

O SEU NOME:"ERA XENIA" .

 O CAPITÁN MANDOU A UNHA SERVENTA QUE VESTIRA A XENIA COAS MELLORES ROUPAS E ACAMPARON

NUN CAMPO QUE HABÍA PRETO DO  EMBARCADOIRO.

 POLA NOITE O CAPITÁN PEDIULLE A XENIA QUE CASARA CON EL E  PROMETEULLE QUE LLE CONSTRUIRÍA UN

CASTELO NO MESMO SITIO ONDE ESA NOITA ESTABAN A CEAR.

XENIA ESTABA NAMORADA DOUTRO MOZO DA ALDEA E ASÍ LLO FIXO SABER (O CAPITÁN MANDOUNO MATAR)

 XENIA REMATOU CASANDO CO CAPITAN E TIVERON UNHA FILLA QUE SE CHAMOU LÚA

(PORQUE ERA TAN FERMOSA COMA ELA) 

LÚA MEDROU DENTRO DO CASTELO E CANDO SE FIXO UNHA MOZA SENTIU CURIOSIDADE POLA ALDEA

E QUIXO VISITALA. FOI CON SÚA NAI E NA VISITA VEU A UN MOZO MOI GUAPO, ERA O FILLO DO PANADEIRO.

NAMORARONSE E FORONSE VENDO AS AGACHADAS. UN DÍA, LÚA, CONTOULLE O SEU ROMANCE A SEU PAI QUE NON

 O ACEPTOU POIS XA A TIÑA COMPROMETIDA CO MÁIS RICO DA ALDEA DO PAZO.

ANTE A NEGATIVA DE SEU PAI A PARELLA QUEDOU UNHA NOITE PARA ESCAPAR XUNTOS. CASE O CONSEGUEN NA

 NOITE ESCURA OIUSE UN DISPARO QUE DEU NO CORAZÓN DE LÚA E MÁIS TARDE OUTRO DIRIXIDO Ó SEU AMOR.

AGONIZANDO CONSEGUIRON SUBIR A UNHA BARCA  QUE COA TORMENTA FOI FUNDIR Ó CHOCAR

COA PEDRA DO CORVO

CANDO XENIA SOUBO DESTE FINAL MATOU Ó SEU HOME E LOGO REMATOU COA SÚA VIDA DEIXANDO

TODO EN MANS DOS NOSOS ANTERGOS"

                                                        VANESA, DANI e IRENE

 

 

 

MANOLA, A NAI DE LIDIA, CONTOUNOS QUE CANDO ERAN MOZAS A SÚA IRMÁN E ELA

ÍAN XOGAR MOITO POLO CASTELO E ARREDORES.

 

MANOLA TAMÉN RECORDA QUE OS  MAIORES DA ALDEA DICÍAN QUE

DESDE O CASTELO DA LÚA ATA O MONTE DO CASTRO HAI UN TÚNEL AGOCHADO POR ALGURES

A señora do pazo de Vista Real

OS RAPACES DE CRUCEIRO VISITAMOS UN LUGAR DE TARAGOÑA CHAMADO VISTA REAL.

CHÁMASE ASÍ PORQUE DENDE ESE LUGAR HAI UNHA FERMOSA VISTA DA RÍA.

Ó CHEGAR A VISTA REAL A AVOA DE ANDREA CONTOUNOS  A HISTORIA DUNHA CAPELA QUE HAI ALÍ:

"MOI ANTIGAMENTE HABÍA UNHAS SEÑORAS MOI RICAS QUE TIÑAN MOITAS TERRAS.

CANDO IÁ APROXIMÁNDOSE O TEMPO DA COLLEITA DO MILLO, UNHA DAS SEÑORAS FOI MIRAR COMO ESTABAN AS LEIRAS LEVADA NUNHA ANDIA ( COMO LEVAN ÁS FIGURAS DOS SANTOS NAS PROCESIÓNS ! ) E, Ó VER QUE O MILLO DO ANO PASADO AÍNDA NON SE VENDERA E QUE HABÍA MOITO POR COLLER, DIXO:

" ORACIÓNS DE BURRO NON CHEGAN Ó CEO.
OGALLÁ VIÑESE UNHA TRONADA E ESTRAGARA TODA A COLLEITA "

DE REPENTE, FORMOUSE UNHA TRONADA TAN GRANDE QUE EMPEZOU A CHOVER DE TAL XEITO QUE CASE NON SON CAPACES DE CHEGAR A SÚA CASA, AÍNDA QUE ESTABA MOI PRETO.

IMPRESIONADA POLO QUE PASARA DECIDIU OFRECER A CONSTRUCIÓN DUNHA CAPELA.

A CAPELA FOI FEITA E DIN QUE SE DIXO MISA NELA ANTES DE QUE HOUBESE IGREXA EN TARAGOÑA.

CREMOS QUE A CAPELA TEN O NOME DE SAN XOÁN.

A BISAVOA DE ANDREA NON RECORDA DAR MISA ALÍ, E TEN XA 86 ANOS."

(TEXTO: FAMILIA DE ANDREA)

UN NOVO AMIGO

   

ESTA PRIMAVERA,OS NEN@S DE PAZO TEMOS UN NOVO "AMIGO": UN PAXARIÑO VEU FACER O SEU NIÑO NUN BURATO DA PAREDE DA ESCOLA E, XA DEBERON DE NACER OS PAXARIÑOS NOVOS, PORQUE ENTRA ES SAE CONTINUAMENTE.

ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE ELEXIRA A NOSA ESCOLA PARA FACER O NIÑO,ESPEREMOS QUE LLE GUSTE O SITIO E NON SE VAIA!

X. M. Brea Segade

Na fachada da nosa escola temos colocada unha placa en honor de Xosé María Brea Segade.

Brea Segade naceu no ano 1904 en Iñobre (Taragoña), pero logo foi vivir a outro lugar desta parroquia: ó lugar de A Coviña, onde o seu pai, coñecido como o " Tenente", montou o primeiro café que funcionou en todo o Concello de Rianxo.

Brea Segade é coñecido como escritor, fundamentalmente poeta, pero nós coñecémolo tamén porque uns anos antes de morrer, no 1934, foi mestre na escola do Pósito de Pescadores.

 Nun principio esta escola estaba situada no local do actual estanco de Campo de Pazos, pero máis tarde trasladouse ó edificio da Escola "Rosalía de Castro" feita pola  "Sociedad Hijos de Taragoña en Argentina " no ano 1929.

Sabedes que escola é esta ...?

Pois a nosa Escola do Cruceiro do C.R.A. de Rianxo!!

Queremos despedirnos cun fragmento dun poema de Brea Segade:

" Eu sonche rapaz de abordo,

pero sei moito de mar.

Téñoche un cesto de amor,

¡ mira que inda son rapaz...!

Laura, Yaiza, Desi, Irene, Patricia, Andrea, Rubén, Silvia, Cesar, Borja, Jorge, Aitor e Sol

 

Fornos

OLA, SON LAURA.

QUÉROVOS AMOSAR O FORNO QUE CONSERVAMOS NA MIÑA CASA.

FAI TEMPO ESTABA INSTALADO NUNHA CONSTRUCCIÓN ANEXA Á CASA, ONDE TAMÉN ESTABA A ARTESA, NA QUE SE AMASABA O PAN.

O PAN COCÍASE UNHA VEZ Á SEMANA, DESPOIS DE MOER O MILLO NO MUÍÑO.

A FAMILIA DA MIÑA AVOA TIÑA DEREITO A MOER NO MUÍÑO DE FRANCUÍN AS 24 HORAS DE TÓDOLOS XOVES DO ANO.

NA MIÑA CASA TAMÉN SE CONVERVAN UN GRAN LAGAR E UN CARRO DE VACAS.

NON PODO DEIXAR DE AMOSARVOS A FOTO DO CARRO PORQUE A AVOA E MAMÁ MONTÁRONNO ADREDE PARA FOTOGRAFALO.

VEDES OS PAUS ÓS QUE ESTOU AGARRADA?

SON OS FUNGUEIROS QUE AGUANTABAN AS CANIZAS ONDE SE DEPOSITABA A CARGA.

A MIÑA AVOA E OS SEUS IRMÁNS SUBÍAN CO CARRO Ó MONTE E CARGÁBANO DE MOLIME PARA ESTRAR AS VACAS.

(Texto recollido da explicación ofrecida por Puri e Laura ós seus compañeir@s)

Distribuir contido