Escola de Rañó

PARABÉNS DAMIÁN!

Unha vez máis tocou festexar! Nesta ocasión foi Damián quen cumpreu 5 anos. Parabéns!

Pintamos con Irene

Un antes e un despois do traballo realizado na nosa escola por Irene, nen@s e familias. Foi unha gran actividade con un resultado inmellorable!! 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

No día mundial da saúde nada mellor que un rico zume de laranxa do laranxeiro da escola de Rañó para manternos sans.

 

O casco de ouro de Leiro

   Esta é unha historia ben fermosa, coma moitas outras, só que aconteceu na nosa aldea e é protagonizada por un veciño noso, o señor José María Vicente. Quizais é por isto polo que nos gustou tanto investigar sobre ela.

Con moito cariño e dedicación realizamos os agasallos para o homenaxeado e aprendemos un montón de curiosidades sobre o casco de ouro de Leiro.

CASCO DE LEIRO

Ao cumplirse 40 anos do achado do coñecido como "Casco de Leiro", o Concello de Rianxo organiza unha charla debate o xoves 7 de abril ás 20h. no Auditorio Municipal.
No acto participan tamén os alumnos e alumnas da Escola de Rañó do Cra de Rianxo, que aportarán a súa propia visión deste tesouro da Prehistoria europea a través de varios agasallos que lle ofrecerán a  José Mª Vicente,  descubridor no ano 1976 do Casco de Leiro.

SAÍDA Á CASA DA MATANZA E AO XARDÍN BOTÁNICO

Como actividade final da nosa investigación Rosaliana visitamos a casa na que ela viveu moi preto de Rianxo, en Padrón. Logo tamén paseamos e correteamos polo xardín botánico onde aprendemos cousas curiosas das árbores e plantas que o forman. 

Distribuir contido