Escola de Rañó

14 de Febreiro... FELIZ DÍA DO AMOR

¡¡ HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE SAN VALENTÍN OU DÍA DO AMOR !!

Moitos pensan que San Valentín se celebra dende hai pouco e que xurdiu polo interese dos grandes centros comerciais, pero a súa orixe remóntase á época do Imperio Romano.

Cara o século III gobernaba en Roma o emperador Claudio II, quen prohibiu os matrimonios dos mozos, porque na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras. 

Naquela época San Valentín era o sacerdote e como non estaba de acordo cos ideais do emperador, pois o consideraba inxusto, decidiu desafialo celebrando en segredo matrimonios para os mozos/as nomorados/as. 

Cando o emperador Claudio se enterou ordenou matalo, e foi o 14 de febreiro do ano 270 cando deron con San Valentín e o executaron. 

Ese día, unha moza chamada Xulia, agradecida ao santo, plantou unha amendoeira de flores rosadas xunto á súa tumba. De aí que a amendoeira sexa símbolo de amor e amizade duradeiros e que o 14 DE FREBREIRO de cada ano se celebre o día de San Valentín ou DÍA DO AMOR ou dos NAMORADOS/AS.

 

   ASÍ, DENDE O COLE DE RAÑÓ QUERÉMOSVOS DESEXAR A TODOS/AS UN..

   MOI FELIZ DÍA DE SAN VALETÍN OU FELIZ DÍA DO AMOR

(AÍNDA QUE NÓS SABEMOS QUE O AMOR E O CARIÑO SON FERMOSOS SENTIMENTOS QUE

DEBEMOS AMOSARLLE AS PERSOAS QUE QUEREMOS TODOS OS DÍAS)

 

http://www.youtube.com/watch?v=2UhKgOLyad0

2º TALLER DE COCIÑA: MACEDONIA

ESTA SEMANA OS PEQUENOS/AS COCIÑEIROS/AS DE RAÑÓ FIXERON UNHA RIQUÍSIMA MACEDONIA

1º PASO: PELAR A FROITA 

2º PASO: CORTAR AS FROITAS EN TROCIÑOS PEQUENOS

3º PASO: EXPRIMIR AS LARANXAS

4º PASO: BOTAR A FROITA, O ZUME E UNHA PIZCA DE AZUCRE NUN BOL E MESTURAR TODO

E POR ÚLTIMO... A COMER !!!

 

1º TALLER DE COCIÑA: " MINIPIZZAS "

MANS Á OBRA... A COCIÑAR !!!

                 1º PASO: Cortar o pan en forma circular             2º PASO: Quentar o pan

                   

3º PASO: Untar o pan con salsa de tomate

 

4º PASO: Cortar o queixo e o xamón york en cadradiños

     

5º PASO: Botar o queixo e o xamón york enriba do pan con tomate

6º PASO: Aderezar con ourego

   

E POR ÚLTIMO... ¡¡¡ A COMERRRRR !!!

    

 

30 de Xaneiro " DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"

O NOSO PARAUGAS POLA PAZ

E OS NOSOS DESEXOS E ILUSIÓNS...

- Desexamos que todos os nenos/as teñan o necesario para poder vivir ben (roupa, comida, casiña...) (Pablo, Leo)

- Desexamos que non haxa guerras (Samuel, Brais)

- Que as persoas malas cambien e sexan boas (Daniel)

- Desexamos que todas as persoas poidan disfrutar da súa vida (Borja)

- Desexamos que todos os nenos/as sexan felices porque necesitamosmáis nenos/as para xogar con eles/as e divertirnos (Borja)

- Desexamos que todos os nenos teñan xoguetes (Helena, Paula)

- Desexamos que nadei queime os montes e que non contaminen o medio ambiente (Jairo)

- Desexamos que todas as persoas teñan unha casa, que ninguén durma na rúa (Samuel)

- Desexamos que as persoas non pelexen e digan cousas feas (Aida)

- Desexamos que todo o mundo comparta e axude aos demais (Lucia)

EN DEFINITIVA...

OS NENOS E NENAS DE RAÑÓ DESEXAMOS QUE NO MUNDO REINE O AMOR , A FELICIDADE, A ALEGRÍA E A...

 

SEMANA DA FROITA

Ó longo desta semana aprendemos que as froitas son  compoñentes esenciais dunha dieta equilibrada e saudable por varias razóns:

- Son ricas en vitaminas, minerais,fibra e antioxidantes.

- Axúdannos a manternos hidratados.

- Apenas teñen graxas.

- E o seu consumo diario axuda á prevención de moitas enfermidades e incluso algúns tipos de cancros.


QUE SOBROSAS MERENDAS !!!

Nova sesión de arte: PINTAMOS CON CORCHOS

UNHA SEMANA MÁIS...

  OS/AS PEQUENOS/AS ASTISTAS DE RAÑÓ,  NON PARAN DE FACER NOVAS OBRAS DE ARTE.

Desta vez, para facer os seus fermosos cadros, utilizaron corchos de botellas.

E o resultado final coma sempre BELÍSIMOOOO !!!

A SEGUIR ASÍ ARTISTAS

PARABÉNS DANI

DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL O NOSO AMIGUIÑO DANI ESTIVO DE CUMPLE !!!  E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO...

Á VOLTA DAS VACACIÓNS QUÍXOO CELEBRAR CON TODOS NÓS!!!

 PARA FESTEXALO TROUXONOS GALLETAS, ZUMES E UN BISCOITO DELICIOSO FEITO POLA SÚA AVOA!!!

UMMMM...  RIQUÍSIMO !!!

PARABÉNS DANI !!!

7 ANIÑOS XA... ESTÁS FEITO UN MOZO !

GRAZAS POR CELEBRALO CONNOSCO

O PREMIO XA ESTÁ AQUÍ

Ao final do 1º trimestre os nenos/as de Rañó participamos nun concurso de deseño de galletas de Nadal e tivemos a gran sorte de que o deseño gañador do concurso fose o do noso compañeiro JAIRO !!!

E xa neste 2º trimestre, por fin recibimos o premio, UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DESEÑADAS POR JAIRO

e unha tarxeta de felicitación para o artista !!!

               


DELICIOSAS !!!

ACHÉGASE O NADAL !!!!

Comeza o mes de Decembro e con el achégase o Nadal , polo que os nenos e nenas de Rañó puxémonos mans á obra para decorar a nosa escola nestas datas tan especiais !!!

O NOSO BONECO DE NEVE

                                                 

                                            

E A NOSA ÁRBORE DE NADAL

 

Nova sesión de arte: ARCIMBOLDO

Nesta nova sesión de arte tocounos experimentar con outras técnicas pláticas distintas: o collage, a cera arrastrada e a composición. Coa mesturas de todas estas técnicas relaizamos a nosa propia versión do ...

"O outono" de ARCIMBOLDO.

 

 AQUÍ ESTAMOS MANS Á OBRA !!!

  

E AQUÍ TEMOS O RESULTADO FINAL... O NOSO OUTONO DE ARCIMBOLO

 

Pero non so aprendemos a realizar unha composición-collage senón que tamén aprendemos que Arcimboldo era un pintor italiano coñecido polas súas representacións do rostro humano a partir de froitas, follas, flores, animais ou obxectos. 

Estes son algúns dos seus cadros que máis nos gustaron.

                                         

 

Distribuir contido