Paz

CONTACONTOS DA ANPA

ESTE MARTES 24, ÁS 17H, AS MAMÁS DA ANPA CONTAN ORELLAS DE BOLBORETA! NON PERDADES OCASIÓN DE VIR ESCOITAR ESTE CONTO MARABILLOSO CO QUE AS NOSAS QUERIDAS FAMILIAS NOS VAN A ACHEGAR Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!

DENDE O CRA DE RIANXO QUERÉMOSLLE AGRADECER O SEU TRABALLO E A SÚA MARABILLOSA PARTICIPACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA!

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

UNHA CELEBRACIÓN PARA FESTEXAR COA ARTE
A TOLERANCIA, A SOLIDARIEDADE E O RESPECTO POLOS DEREITOS DE TODOS OS SERES VIVOS.

BISCOITO DA PAZ

PARA XENTE COMA NÓS, QUE XA SOMOS QUEN DE  IDENTIFICAR A PAZ INTERIOR, NADA MELLOR QUE METER DENTRO DO CORPO UNHA BOA RACIÓN DE BISCOITO DA PAZ

TOMAR DEL SÓ O NECESARIO E DEIXALO VOAR PARA QUE SIGA A ENRIQUECER OUTROS CORPOS...

POLA PAZ

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ,
OUTRA FORMA DE VER E DE PERCORRER O MUNDO.

A NARRADORA DO DESERTO

PARA LEMBRAR O DIA DA PAZ

LIMOS ESTE CONTO:

"A NARRADORA DO DESERTO"

ONDE A TRAVÉS DE AMIRA SOUBEMOS

O TERRIBLES QUE SON AS GUERRAS.

ESTE E O NOSO RESUMO:

 

E.....SABEDES QUEN ESTABA ALI?:

NASSIM

DE NOVO PODERÍALLE CONTAR

AS SÚAS HISTORIAS.

 

 

 

O HOMIÑO DE PAPEL

O HOMIÑO DE PAPEL

CONTO MARABILLOSO QUE DEBERÍA DE SER LECTURA OBRIGADA PARA TOD@S @S GOBERNANTES, A VER SE SE ENTERABAN DE QUE MOITAS DAS SÚAS DECISIÓNS ENCHEN OS XORNAIS DE NOVAS QUE FAN CHORAR AOS NENOS E NENAS .

OS HOMIÑOS DE PAPEL SAÍDOS DAS MANS DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA ESTÁN CHEOS DE COLORES, DE PALABRAS FERMOSAS, DE POESÍA, DE ESPERANZA.

   
   
   

 

 

 

 

WANGARI, OUTRO PERSONAXE DE PAZ

WANGARI MAATHAI, OUTRO PERSONAXE DE PAZ

FOI UNHA MULLER QUE LOITOU POLA CONSERVACIÓN DO MEDIOAMBIENTE, O QUE LLE CUSTOU IR AO CÁRCERE EN VARIAS OCASIÓNS.

CANDO ERA PEQUENA, O SEU PAÍS, KENIA, ERA VERDE, MOI VERDE : MOITAS ÁRBORES DABAN FERMOSURA Á PAISAXE, AO MESMO TEMPO QUE SOMBRA E FROITOS; OS ANIMAIS FACÍAN NELAS OS SEUS NIÑOS E MADRIGUERAS. NESE TEMPO, APRENDEU A AMAR E RESPECTAR A VIDA, POR ISO, CANDO MEDROU, MARCHOU AOS ESTADOS UNIDOS,  A ESTUDIAR "BIOLOXÍA", A CIENCIA DA VIDA, PARA SABER COIDAR MELLOR A NATUREZA.

 

PERO CANDO VOLVEU, PÚXOSE MOI TRISTE : TALARAN AS ÁRBORES PARA CONSTRUÍR EDIFICIOS. 

COMEZOU POUCO A POUCO A PLANTAR UNHA ÁRBORE, E DESPOIS OUTRA, E OUTRA...., E CONVENCEU ÁS MULLERES DA ALDEA PARA QUE FIXERAN O MESMO.

 FUNDOU O MOVEMENTO "CINTURÓN VERDE", RESPONSABLE DA PLANTACIÓN DE MÁIS DE 30 MILLÓNS DE ÁRBORES POR TODO O PAÍS, EVITANDO ASÍ A EROSIÓN DO CHAN, AO MESMO TEMPO QUE MELLORANDO A CALIDADE DE VIDA DAS MULLERES QUE O LEVABAN A CABO.

 FOI AO CÁRCERE EN MOITAS OCASIÓNS, POR FACER O QUE TIÑA QUE FACER, DEFENDER A NATUREZA,  POÑÉNDOSE FRENTE AS MÁQUINAS , PROTEXENDO ÁS ÁRBORES, PROTEXENDO A VIDA.

TAMÉN GANDHI ESTIVO PRESO POR FACER O QUE TIÑA QUE FACER, E NELSON MANDELA, E TANTOS OUTROS.

E SE OBSERVADES BEN, WANGARI ESTÁ METIDA NUN CÁRCERE CUIA SILUETA É UNHA POMBA: PODERÁN APRESAR O SEU CORPO PERO NON O SEU ESPÍRITU QUE VOA LIBRE , E O SEU EXEMPLO ESPALLOUSE POLO MUNDO ENTEIRO, E DENDE A SÚA MORTE, NO ANO 2011, LÉVANSE PLANTADAS MÁIS DE 45 MILLÓNS DE ÁRBORES POR TODO O MUNDO. CHAMÁRONLLE "A MULLER ÁRBORE", E TAMÉN , COMO NOUTROS CASOS, PASOU DO CÁRCERE A  FORMAR PARTE DO GOBERNO, COMO MINISTRA DE MEDIOAMBIENTE. 

NÓS TAMÉN SEGUIREMOS O SEU EXEMPLO, E CANDO NOS MEDREN AS ARBORIÑAS QUE XA COMEZAN A SAÍR DAS SEMENTES DOS FROITOS DO OUTONO, PLANTARÉMOLAS NO NOSO PATIO, NO NOSO PEQUENO BOSQUE, POR DONDE SE CÓA O VENTO E O FRÍO POLAR, CONVERTÉNDONOS EN "CABALOS DE VENTO E BOLBORETAS DE NEVE".

A NOSA SALINA

A NOSA SALINA

NÓS PENSABAMOS QUE O SAL VIÑA DO SUPERMERCADO, PERO DESPOIS DE COÑECER  "A MARCHA DO SAL"  DE GANDHI, DÉMONOS CONTA DE QUE NON, E DECIDIMOS FACER UNHA. 

COMO POR ENTÓN ESTABAMOS EN ALERTA LARANXA, NON PUIDEMOS COLLER A AUGA NO MAR.

FIXEMOS UN POUCO DE TRAMPA. BOTAMOS SAL NA AUGA, REMEXEMOS E REMEXEMOS E PENSAMOS QUE DESAPARECERA O SAL, PERO PROBAMOS, MOLLANDO O DEDO, E NON, A AUGA ESTABA SALGADA, ASÍ QUE DEBERÍA DE ESTAR "DERRETIDA", PERO CANDO ALGO SE DERRETE, VÉMOLO "ESPACHURRADO", ASÍ QUE DESCUBRIMOS QUE O SAL ESTABA "DISOLTO" NA AUGA.

COMO NA AULA NON TEMOS O SOL, PUXEMOS A CUNCA AO LADO DO RADIADOR UNS CANTOS DÍAS E COMPROBAMOS QUE A AUGA DESAPARECERA, "EVAPORÁRASE", E NO FONDO QUEDARA O SAL E PARECÍA QUE TIÑA FORMA DE CRISTALIÑOS; DISE QUE   O SAL "CRISTALIZA".

 

AGORA SABEMOS QUE O SAL , AÍNDA QUE O MERQUEMOS NO SUPERMERCADO, OBTENSE NAS SALINAS.

GANDHI E A DESOBEDIENCIA CIVIL

GANDHI E A DESOBEDIENCIA CIVIL

SE UN DÍA ALGUÉN SE METERA NAS NOSAS CASAS, NOS COLLERA OS XOGUETES E NOS DIXERA QUE A PARTIR DE AGORA SE QUEREMOS XOGAR CON ELES, TEMOS QUE PAGAR UNS CARTOS PORQUE ASÍ O DI A LEI...., CARAMBA!!!!, ESA LEI QUE CONVIRTE AS NOSAS CASAS EN "COLONIAS" DE ALGUÉN DE FÓRA, SEGURAMENTE NO NOS GUSTARÍA, E SEGURO QUE A DESOBEDECERIAMOS PORQUE SERÍA UNHA LEI  INXUSTA. 

   POIS  ISO  FIXO GANDHI : O IMPERIO BRITÁNICO CONVERTIRA A INDIA NUNHA "COLONIA", APROPIÁNDOSE DA PRODUCIÓN DE SAL QUE ATA ESE MOMENTO ERA UN ACTO LIBRE DE CADA QUEN; QUEN A NECESITARA PODERÍA PRODUCILA COLLENDO AUGA DO MAR NUNHA CUNCA E DEIXÁNDOA EVAPORAR.

     O SAL ERA MOI IMPORTANTE PARA CONSERVAR OS ALIMENTOS XA QUE POR AQUEL ENTÓN,  NON HABÍA NEVERAS, ASÍ QUE GANDHI ORGANIZOU O QUE SE CHAMOU "A MARCHA DO SAL" PERCORRENDO 3OO KM. A PÉ EN 25 DÍAS ATA CHEGAR AO OCÉANO  INDICO. ALÍ, METÉNDOSE NO MAR COLLEU UNHA CUNCA DE AUGA, E NUN ACTO SIMBÓLICO DIXO : A SAL É NOSA. MOITA XENTE SE LLE UNÍU E FIXERON AS SÚAS PROPIAS SALINAS. OS CÁRCERES ENCHÉRONSE DAQUELAS PERSOAS A QUEN SE LLES CHAMOU "OS LADRÓNS DO SAL"; GANDHI TAMÉN.

    O MESMO PASABA COA ROUPA : NA INDIA HABÍA ALGODÓN QUE O IMPERIO BRITÁNICO LEVABA PARA INGLATERRA; ALÍ, NAS FÁBRICAS, CO ALGODÓN FACÍAN A ROUPA QUE LOGO VENDÍAN AOS HINDÚES.

    GANDHI NEGOUSE A COMPRAR A ROUPA A INGLATERRA E ANIMOU Á XENTE A FACELA POR SÍ MESMOS. EL TAMÉN A FACÍA.

         E COA "DESOBEDIENCIA CIVIL" CONSEGUÍU A INDEPENDENCIA DA INDIA, É DICIR, OS BRITÁNICOS MARCHARON PARA O SEU PAÍS E A INDIA DEIXOU DE SER UNHA "COLONIA" DO IMPERIO BRITÁNICO.

     

 

UNHA MAN POLA PAZ

 

 

 

Como cada ano o día 30 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz, este ano os nenos e nenas de Reli reflexionamos a cerca dos distintos símbolos que se usan neste día e do seu significado.

Deste xeito xurdiu a man como símbolo de concordia e de unión entre todos os homes e mulleres do mundo. Así pois fixemos unhas Manciñas da Paz, onde a man representa ao mundo e os dedos representan ás distintas razas da humanidade vivindo unidas en paz, un mundo no que a paz e o respeto entre todas as culturas e crenzas sexa posible.

 

 

Esperamos que vos gustase o noso traballo. Feliz Día da Paz 2014. Ata a próxima!

Distribuir contido