14 de Febreiro... FELIZ DÍA DO AMOR

¡¡ HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE SAN VALENTÍN OU DÍA DO AMOR !!

Moitos pensan que San Valentín se celebra dende hai pouco e que xurdiu polo interese dos grandes centros comerciais, pero a súa orixe remóntase á época do Imperio Romano.

Cara o século III gobernaba en Roma o emperador Claudio II, quen prohibiu os matrimonios dos mozos, porque na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras. 

Naquela época San Valentín era o sacerdote e como non estaba de acordo cos ideais do emperador, pois o consideraba inxusto, decidiu desafialo celebrando en segredo matrimonios para os mozos/as nomorados/as. 

Cando o emperador Claudio se enterou ordenou matalo, e foi o 14 de febreiro do ano 270 cando deron con San Valentín e o executaron. 

Ese día, unha moza chamada Xulia, agradecida ao santo, plantou unha amendoeira de flores rosadas xunto á súa tumba. De aí que a amendoeira sexa símbolo de amor e amizade duradeiros e que o 14 DE FREBREIRO de cada ano se celebre o día de San Valentín ou DÍA DO AMOR ou dos NAMORADOS/AS.

 

   ASÍ, DENDE O COLE DE RAÑÓ QUERÉMOSVOS DESEXAR A TODOS/AS UN..

   MOI FELIZ DÍA DE SAN VALETÍN OU FELIZ DÍA DO AMOR

(AÍNDA QUE NÓS SABEMOS QUE O AMOR E O CARIÑO SON FERMOSOS SENTIMENTOS QUE

DEBEMOS AMOSARLLE AS PERSOAS QUE QUEREMOS TODOS OS DÍAS)

 

http://www.youtube.com/watch?v=2UhKgOLyad0

Feliz San Valentin aínda que con retraso!

Me encantou o voso video eu tamén quero mandarvos moito amor e moitos bicos. Segueda facenfo cousas tan bonitas como estas. Biquiños!