2017-2018

O SAMAÍN CHEGOU A CAPELA!!

A escola de Capela pùxose de gala para celebrar o Samaín, unha das datas máis máxicas do ano, nas que todo pode pasar xa que as portas do Alén se abren...

 

...para dar vida à imaxinaciòn e à creatividade decorando as cabazas màis terrorìficas semellante a como facìan os nosos ancestros celtas.

E descubrir a orixe desta celebraciòn a travès da teatralizaciòn do conto: "O noso Samaìn"

 

 

 

 

 

 

 

BENVIDOS Á WEB DO C.R.A. DE RIANXO

 Escola Rosalía de Castro. Cruceiro 4-5 anos

TARDES CON DANIEL

Hoxe a nosa biblioteca volve abrir as súas portas no seu horario habitual, ao redor das 17:00 h a profe Vero de Capela vainos contar Carabuñas.

Animádevos a participar

TARDES CON DANIEL

Hoxe pola tarde despois destas saborosas vacacións de Nadal o noso amigo Daniel volve convidarnos a pasar unha tarde divertida en compaña dos libros. A nosa biblioteca abre ás súas portas no seu horario habitual , e en torno ás cinco da tarde a profe Marién nos conta La gran fábrica da las palabras. Animádevos a participar

CONCENTRACIÓN CONTRA O ASASINATO DE DIANA QUER. LUNS 1 DE XANEIRO AS 13:00 DIANTE DA CASA DO CONCELLO

Fotografía de Diana tomada do Diario de Navarra.

Dende o C.R.A. de Rianxo chamamos a participar na concentración contra o asasinato de Diana Quer. 

O concello de Rianxo e entidades sociais e políticas, fan  un chamamento a participar: 

Concello de Rianxo

Mañán luns, 1 de xaneiro, á unha da tarde concentración silenciosa perante o Concello na Praza de Castelao en repulsa á violencia contra as mulleres, neste caso todo parece indicar a Diana, e en solidariedade coa familia.

Previamente a corporación de Rianxo celebrará unha sesión extraordinaria ás 12.30 h.

Un día en Rianxo

O venres 15 de Decembro fomos visitar Rianxo.

Fixemos un Paseo Roteiro-Lúdico polas rúas mais vellas de Rianxo e ás 12:00 v fomos ao Auditorio ver un Teatro de Sombras.

PASEAMOS POR RIANXO CON JANO E PILI

 

CHUQUIÑO VIAXA POLO MUNDO

Presentacion da Guía de lectura

Nenos e nenas da Escola de Pazo participan no acto de presentación da Guía de Lectura que se celebrou o día 15 de decembro no Auditorio de Rianxo..

No acto participaron os Colexios Brea Segade, Ana María Diéguez e  Castelao ademais do noso Centro e a Biblioteca Municpal de Rianxo.

Os alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo recitaron poemas de Antonio García Teijeiro

 

FESTIVAL "FESTEXANDO O NOSO PATRIMONIO"

Mañá mércores 20 de decembro levaremos a cabo o noso festival de Nadal no Auditorio Municipal de Rianxo. Os nosos pequenos e pequenas nos deleitarán con cancións e bailes homenaxeando o noso patrimonio cultural e popular. Todas as familias que nos queirades acompañar seredes moi ben recibidas. Contamos con vós para pasar este día tan espacial todos xuntos.

A hora de inicio será ás 10 de mañá e o remate sobre as 12:30 h.

O claustro de profesores do CRA de Rianxo e todos os nosos nenos e nenas desexámosvos un bo Nadal e un próspero aninovo. 2018

Moitos bicos para todos e todas.

Pesentación guía de lectura do concello

Hoxe pola tarde como se nos indica no cartaz terá lugar a presentación da guía de lectura do concello, en representación do CRA de Rianxo asistirá a aula de Pazo Primaria. Os nosos nenos recitarán poemas da obra "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro.

Animádevos a participar!

Imaxes da actividade

Un contacontos especial

O martes 5 de decembro tivemos un contacontos moi especial. Iria, que foi alumna no C.R.A. realizou a sesión de contacontos coa axuda de María a nosa profesora da Escola  Outeiro.

Aos nenos e ás nenas encantoulles o conto e a sesión de Biblioteca.

Moitas gracias Iria e María.

 

Encantounos o conto e a sesión de Iria e de María
   
   
Distribuir contido