O PATRIMONIO MUSICAL DE RIANXO

Ó longo deste curso estivemos traballando arredor dun proxecto común baixo o título "o noso patrimonio cultural".

En música tamén quixemos investigar sobre o patrimonio musical de Rianxo e así foi como nos atopamos con moitas cantigas que falan da nosa vila e que son un legado moi valioso que se herdou de xeración en xeración. Tamén observamos que moitas destas cantigas agóchanse na memoria dos nosos maiores e aí permanecen, condenadas ó esquecemento.

A nosa labor foi sacalas de novo á luz, poñelas nas bocas das rianxeiras e rianxeiros máis novos para conseguir manter viva a nosa música por moitos anos máis.

 

QUEREDES ESCOITALAS?