Escola de Abuin

GOOD BYE LONDON!

A NOSA VISITA A LONDRES REMATOU, PERO ISTO NON É UN ADEUS PORQUE NON NOS GUSTAN AS DESPEDIDAS SENÓN UN ATA SEMPRE! 

WE LOVE LONDON!

HYDE PARK E A PISTA DE XEO

HYDE PARK É O PULMÓN DE LONDRES, POIS A GRANDE EXTENSIÓN DE ÁRBORES SUPÓN UN ALIVIO PARA UNHA CIDADE TAN CASTIGADA POLA CONTAMINACIÓN COMO É LONDRES. NO NADAL HYDE PARK CONVÉRTESE NUNHA PISTA DE XEO QUE SE CONVERTE NA DIVERSIÓN DOS SEUS HABITANTES. LONDRES É UNHA CIDADE QUE NOS ESTÁ GUSTANDO MOITO, ASÍ QUE... POR QUE NON SOÑAR QUE PATINAMOS XUNTOS EN HYDE PARK?

                                            

O NADAL CHEGOU A TRAFALGAR SQUARE

 

XA É TRADICIÓN COLOCAR E ACENDER AS LUCES DA ÁRBORE DE NADAL EN TRAFALGAR SQUARE. ESTE ACTO LÉVASE A CABO O PRIMEIRO XOVES DO MES DE DECEMBRO. TRÁTASE DUNHA ÁRBORE COA QUE NORUEGA OBSEQUIA AO POBO BRITÁNICO COMO AGRADECEMENTO AO SEU APOIO DURANTE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL. AO PÉ DO ABETO ORGANÍZASE UN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS. POR SUPOSTO, REMATADO O NADAL, O ABETO É RECICLADO.

                                                               ,    

O NADAL CHEGOU Á ESCOLA DE ABUÍN

CHEGOU O MES DE DECEMBRO E CON EL A CONTA ATRÁS PARA O NADAL. DECORAMOS A NOSA PORTA CUNHA FERMOSA COROA DE ADVENTO QUE FIXEMOS "COAS NOSAS PROPIAS MANS"

 

E RECUPERAMOS O CALENDARIO DO ANO PASADO PARA IR DESCUBRINDO UNHA SORPRESIÑA CADA DÍA. BO NADAL!!

 

UNS CONTOS DE MEDOOOO!!

DURANTE ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE SELECCIONAMOS UNHA SERIE DE LIBROS RELACIONADOS COA EMOCIÓN DO MEDO COS QUE FIXEMOS OS EMPRÉSTITOS DE AULA. ESTES SON ALGÚNS DOS TRABALLIÑOS QUE AGORA ATESOURAN OS NOSOS CADERNOS DE DANIEL. PRONTO ELEXIREMOS O LIBRO MÁIS TERRORÍFICOOOO!!! Sorprendido

 

 

                                    

 

                               XIANA: "CORRE, CORRE CABACIÑA"                  ALEJANDRO: "GATO GUILLE E OS MONSTROS"

 

 

  

                                    

 

                                  UXÍA: "A CASA DA MIÑA AVOA"                                          AMARO: "SACAPENAS"

 

OS "BOBBIES" INGLESES

OS POLICÍAS LOCAIS INGLESES CHÁMANSE BOBBIES, E CHÁMANSE ASÍ PORQUE O MINISTRO QUE FUNDOU ESTE CORPO CHAMÁBASE ROBERT. SE VISITAMOS LONDRES É MOI PROBABLE QUE OS ATOPEMOS DIRIXINDO O TRÁFICO E AXUDANDO AOS CIDADÁNS.

                         

                                                       

 

A PONTE DE LONDRES

CANDO DESCUBRIMOS O LONDON EYE TAMÉN DESCUBRIMOS O RÍO TÁMESIS E PREGUNTABÁMONOS COMO ATRAVESAR UN RÍO TAN GRANDE. NÓS AÍNDA ESTAMOS APRENDENDO A NADAR E CREMOS QUE A AUGA EN LONDRES DEBE ESTAR UN POUQUIÑO FRÍA, ASÍ QUE ADEMÁIS DO BARCO, AS PONTES PARÉCENNOS MOI ÚTEIS Risa.

 

APROVEITAMOS PARA VER CALES SON AS PARTES DUN BARCO: BABOR, ESTRIBOR, POPA, PROA, CUBERTA, CAMAROTE, MÁSTIL, VELA... E A ÁNCORA. AMARO DEBUXOU UNHA NA PIZARRA CO SEU "SUPERTRUCO": DEBUXAS O FUCIÑO DUN CAN E... ABRACADABRA! AÍ TES UNHA ÁNCORA.

CONVERTER O NOSO PROPIO CORPO NUN BARCO (SABIADES QUE EXISTE UNHA POSTURA DE IOGA QUE SE CHAMA ASÍ?)

E FACER UNS BARQUIÑOS MOI SINXELOS DE PAPIROFLEXIA QUE... ATA FLOTABAN!

       

E ISTO RESULTOU MOI FÁCIL PORQUE A PONTE QUE CRUZA O TÁMESIS CHÁMASE: PONTE DE LONDRES... SEN MÁIS! ASÍ NON NOS ESQUENCEREMOS DO SEU NOME.

 

 

 

O PALACIO DE BUCKINGHAM

TODA RAÍÑA TEN UN PALACIO, ASÍ QUE CANDO NOS PRESENTARON Á SÚA ALTÍSIMA MAXESTADE NÓS TAMÉN NOS PREGUNTAMOS ONDE VIVÍA, COMO ERA O SEU PALACIO... E DESPOIS DE VER MILLEIROS DE FOTOS E VIDEOS... ASÍ É COMO O VIMOS NÓS 

 

                                         

OS BEEFEATERS

OS BEEFEATERS SON OS GARDAS DA TORRE DE LONDRES. "BEEFEATERS" SIGNIFICA: COMEDORES DE CARNE. CHÁMANSE ASÍ PORQUE ANTIGAMENTE NON HABÍA VACAS NA GRAN BRETAÑA, ENTÓN SÓ A FAMILIA REAL E OS GARDAS COMÍAN CARNE DE TERNEIRA. PARA CHEGAR A SER BEEFEATER PRIMEIRO HAI QUE SER DURANTE MOITOS ANOS GARDA REAL E AÍNDA QUE É UNHA PROFESIÓN NA QUE HAI CEN HOMES POR UNHA MULLER ATOPAMOS EN INTERNET ESTA FOTO DE MOIRA CAMERON, A PRIMEIRA MULLER BEEFEATER.

 

AGORA XA COÑECEMOS A TODOS OS GARDAS DA RAÍÑA:

Distribuir contido