Escola de Pazo

AS NUBES SON SALGADAS?

AO ESTUDAR O CICLO DA AUGA PREGUNTAMONOS:

SI AUGA DO MAR E SALGADA, CANDO SE EVAPORA

AS NUBES SERÁN SALGADAS?

PARA ESO DISOLVEMOS SAL EN AUGA

E DEIXAMOS QUE SE EVAPORARA.


 

OBSERVAMOS QUE AO EVAPORARSE A AUGA

  A SAL QUEDOU NA BANDEXA

  E... NA CULLER!

(que esqueceramos dentro do bote)

 

 

A HUMIDADE DO AIRE

PARA MEDIR A HUMIDADE DO AIRE USAMOS O HIGRÓMETRO.

OBSERVAMOS QUE A HUMIDADE E MENOR CANDO POÑEMOS O DESHUMIDIFICADOR.

DESPOIS MEDIMOS A AUGA RECOLLIDA DURANTE UN DÍA DE CHUVIA

SABEDES CANTA AUGA RECOLLEU NUNHA NOITE?

2 LITROS E MEDIO

 

 


 VIMOS CLARAMENTE COMO A HUMIDADE DESCENDERA.

 

 

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

A AUGA AO CONXELARSE AUMENTA DE VOLUME.

PARA COMPROBALO ENCHEMOS UN VASO DE AUGA

PUXEMOS UNHA SINAL E METÉMOLO NO CONXELADOR.

AO CONXELARSE VIMOS QUE SOBREPASARA A SINAL,

E DECIR,O SEU VOLUME AUMENTARA.


 
     

POR ÚLTIMO COMPROBAMOS QUE A CANTIDADE DE AUGA

INICIAL PERMANECE INVARIABLE.


 

DANI PRESENTOUNOS O XOGO DO XADREZ

HOXE DANI, O PAI DE HUGO, VEU Á ESCOLA A PRESENTARNOS O XADREZ,

UN XOGO QUE ALGÚNS XA COÑECÍAMOS PERO OUTROS NON.

FALOUNOS DA ORIXE DESTE XOGO (QUE SE CONSIDERA UN DEPORTE)

E TROUXO UN TABOEIRO E UNHAS PEZAS CASE TAN GRANDES COMO ALGUNHAS E ALGÚNS DE NÓS.

A VERDADE E QUE OS MÁIS MAIORES SAÍMOS CON BASTANTE ILUSIÓN E GANAS DE APRENDER MÁIS.

MOITAS GRAZAS, DANI!

 

DE CONCERTO NO AUDITORIO DE RIANXO

ESTE LUNS VISITAMOS O AUDITORIO DE RIANXO INVITADOS POLO ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO.

ANTES DE ENTRAR VIMOS A EXPOSICIÓN "PIONEIRAS"...QUE FIXEMOS NÓS!!!

XA DENTRO, OS MUSICOS, PRESENTÁRONNOS OS INSTRUMENTOS DE VENTO METAL

(UNHA TUBA, UN BOMBARDINO E DOUS TROMBÓNS)

E DÉRONNOS UN CONCERTO ONDE INTERPRETARON CANCIÓNS MOI COÑECIDAS E DIVERTIDAS.

FOI XENIAL!!

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO

HOXE VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO.

ALÍ PASAMOS POLAS DISTINTAS SALAS ONDE PUIDEMOS VER DIVERSOS ASPECTOS DO MUNDO DO MAR,

OS OFICIOS TRADICIONAIS, O CAMPO, OS VESTIDOS, E A ARQUITECTURA POPULAR.

PLANTAMOS NO CAMPO DE SAN ANTÓN E VISITAMOS O MUÍÑO DO SEÑOR JOSÉ MARÍA

HOXE VISITAMOS O CAMPO DE SAN ANTÓN, EN RAÑÓ, E PLANTAMOS ÁRBORES PROPIAS DA NOSA TERRA.

LOGO DEMOS UN PASEO POLA ALDEA E VISITAMOS O MUIÑO DO SEÑOR XOSÉ MARÍA.

CONTROLAMOS A PLANTACIÓN

AARÓN ESTA FACENDO UN SEGUIMENTO DA PLANTACIÓN

QUE FIXEMOS POLO DÍA DA ÁRBORE EN LEIRO.

CONTOUNOS QUE ALGUNHAS DAS ÁRBORES

MEDRARON E BOTARON FOLLAS.


 

ESA É MOI BOA NOVA POIS QUERE DECIRQUE  PRENDERON.

CRUCEIROS

HUGO E AARÓN ACERCARONSE A VISITAR OS CRUCEIROS

QUE ESTÁN PRETO DE ÓNDE VIVEN OS AVÓS.

UN É O DE LAXIDO, NO BARRAL.

E OUTRO ESTÁ NO PARQUE DE CERQUEIRAS, EN LEIRO.


FACEMOS UN DOCE

HOXE, LOGO DE BASTANTE TEMPO, VOLVEMOS A USAR O NOSO FORNO.

MIRAMOS A RECEITA, BUSCAMOS INGREDENTES, MEDÍMOLOS,

BOTÁMOLOS NO RECIPIENTE, MESTURÁMOLOS MOI BEN,

METÉMOLO NO FORNO,

E LOGO DE ESPERARLLE O TEMPO...COMÉMOLO!!!

Distribuir contido