2017-2018

DISECCIONAMOS UN PEIXE

COMO ESTAMOS A ESTUDAR OS PEIXES

QUE MELLOR QUE FACER A DISECCIÓN E VER AS SÚAS PARTES,

CONTAR AS ALETAS, VER AS BRANQUIAS

MIRAR A MÉDULA ESPINAL...

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE: TE QUIERO (CASI SIEMPRE)

HOXE SANDRA VEU Á NOSA ESCOLA A FACERNOS UN TALLER SOBRE A IGUALDADE.

CONTOUNOS O CONTO "TE QUIERO (CASI SIEMPRE)" E DESPOIS FIXEMOS UNS MONICREQUES

DIFERENTES PERO TODOS MOI BONITOS.

 

 

 

PATRIMONIO ARREDOR DA NOSA ESCOLA

APROVEITANDO A SOLEADA MANÁ SAÍMOS A PASEAR POLA ALDEA DO PAZO. TIÑAMOS QUE OBSERVAR E

FOTOGRAFAR O PATRIMONIO QUE IAMOS ATOPANDO: HÓRREOS, CRUCEIROS, PRAIAS, O CASTELO DA LÚA,

O LAVADOIRO, AS DESEMBOCADURAS DOS RÍOS TE E PEDRE...


 

 

ROSALÍA: ABRIDE A FIESTRA!

ESCOITADE A VOZ DE ROSALÍA:

"ABRIDE A FIESTRA, QUE QUERO VER O MAR"

ABRIDE A FIESTRA ! QUE SAIA A SÚA POESÍA E QUE ENTRE A POESÍA DO MUNDO !

ABRIDE A FIESTRA !

"Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.

 Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.

 Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos."

María Reimóndez

FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA DE CRUCEIRO

 

O pasado venres 9 de febreiro celebramos na escola de Cruceiro a festa do entroido á que asistiron as alumnas e alumnos de todas as escolas que forman o noso C.R.A. e moitos familiares.

 

 

Foi unha xornada moi agradable e divertida na que cantamos cancións de entroido, bailamos, comemos doces típicos desta festa e fixemos un gran desfile pola aldea disfrazados de choqueiros.

ENTROIDO CHOQUEIRO

DENDE QUE NACEU ATA QUE MORREU, O NOSO FOI UN ENTROIDO CHOQUEIRO

E O DÍA DA FESTA GRANDE, A CHOQUEIRADA TODA DO CRA DE RIANXO SUBIU E BAIXOU CAMIÑOS DE TARAGOÑA RECLAMANDO AS FILLOAS, ORELLAS E ROSQUILLAS QUE POR MÉRITO E TRADICIÓN LLE CORRESPONDÍAN. 

ENTROIDO: O OSO DE SALCEDO

TAMÉN O OSO DE SALCEDO GOSTA DE VIR Á ESCOLA. 
POR UN DÍA DEIXA AS CORREDOIRAS DA ALDEA DE SALCEDO QUE PERCORRE, QUIZAIS DENDE A PREHISTORIA,  PARA VIR ENFURRUXAR AS NOSAS CARAS E ANUNCIÁRMONOS QUE XA PRONTO VIRÁ A PRIMAVERA.

aula de 4 e 5 anos

ENTROIDO: OS PELIQUEIROS

 PANTALLAS, VOLANTES, XENERAIS, MADAMAS, ... GOSTAMOS DE TODAS AS PERSONAXES DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO, PERO
OS PELIQUEIROS DE LAZA
TEÑEN ASEGURADA CANDO MENOS UNHA VISITA ANUAL A NOSA ESCOLA.

CON ELES SI QUE É DOADO COMEZAR A CORRER O ENTROIDO !

aula de 4 e 5 anos

PATRIMONIO NATURAL: CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS,...

 

KATIA FOI VISITAR AOS SEUS AVÓS A RIBEIRA E APROVEITOU O DÍA

PARA VISITAR DISTINTOS LUGARES

QUE FORMAN PARTE DO NOSO PATRIMONIO NATURAL E QUE AGORA

NOS QUERE AMOSAR:

TAMÉN NOS ENSINA UNHA DAS PRIMEIRAS FOTOS QUE SACOU NA PRAIA

DO PAZO, DIANTE DA SÚA CASA


DOLMEN DE AXEITOS

 

FARO DE CORRUBEDO

MIRADOR DA PEDRA DA RÁ

 

 

 

PRAIA DO PAZO

O CRUCEIRO DO LAXIDO E A FONTE DO BARRAL

HUGO E A SÚA NAI PASEARON POLA SÚA ALDEA, O BARRAL E QUIXERON AMOSARNOS

O PATRIMONIO QUE TEÑEN PRETO DA SÚA CASA:

O CRUCEIRO DO LAXIDO

 

O CRUCEIRO DO LAXIDO SITÚASE NUNHA ENCRUCILLADA DE

CAMIÑOS ENTRE VILAS, OUTEIRO E LUSTRES. PARECE MOI

ANTIGO E POSIBLEMENTE SEXA DO SÉCULO XVII. ASÉNTASE

NUNHA PLATAFORMA HEXAGONAL, DE AÍ A SÚA SINGULARIDADE,

POIS OS QUE ACOSTUMAMOS A VER TEÑEN A BASE CADRADA.

TEN A IMAXE DE SAN ANDRÉ NO SEU FUSTE.




 

A FONTE DO BARRAL

A FONTE DO BARRAL ESTÁ MOI PRETO DA CASA DE HUGO.

A SÚA AGUA É POTABLE E SON MOITOS OS VECIÑOS E

VECIÑAS QUE ACODEN A ELA PARA COLLER AUGA.

 

 

Distribuir contido