2017-2018

Romería de fin de curso

 

MERCORES 20 DE XUÑO

XUNTANZA DE FIN DE CURSO

CENTRO SOCIOCULTURAL DE ARAÑO

Teremos xogos de arqueoloxía, taller de olaría,

coñeceremos as herbas de san Xoan, debuxaremos un enorme Arco da Vella,

e podermos ver moitos traballos dos nenos e nenas das escolas

 

Non faltedes.

 

CARREIRA DAS LETRAS

 

O pasado mércores 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no Campo de Maneiro (Taragoña) coa nosa tradicional carreira na que crianzas, familias, profesores e profesoras participaron activamente manifestando o seu apoio na defensa da lingua galega.

Foi unha xornada moi agradable na que tornamos a rivalidade e a competitividade por convivencia e unidade fronte a unha causa que nos preocupa como é a continua perda de galegofalantes. Levamos a cabo distintas actividades co obxectivo de enxalzar o valor do galego como símbolo de identidade propia e da riqueza cultural que posuímos os galegos e as galegas. 

Logo de recibir a tódalas escolas comezamos coas carreiras baixo o lema "movémonos polo deporte e a cultura". Ademáis, este ano quixemos darlle un carácter solidario colaborando coa campaña "Gotas para Níxer" de UNICEF. 

A continuación tivo lugar un acto no que os nenos de Primaria da escola do Pazo renderon unha homenaxe á escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno.

Continuamos coa entrega de medallas e diplomas para dar paso a unha animada foliada na que bailamos e cantamos cantigas propias de Rianxo, como mostra do patrimonio musical da nosa vila, ó son dos instrumentos tradicionais interpretados por familiares, amigos e mestres do noso CRA.  

Para rematar degustamos unha rica merenda que prepararon as familias.

 

Aquí tedes un vídeo onde se amosa o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste!

  

PROXECTO PLANTA

Aquí vos deixamos unha pequena mostra (que tiñamos pendente) do ben que o pasamos observando, consultando, clasificando, creando e sobre todo... disfrutando de un bo traballo en equipo!!

"O NOSO PATRIMONIO" Proxecto de Voz Natura no curso 2018-19

Seguindo a liña do proxecto deste curso, dende Voz Natura propuxémoslle ás escolas que indagaran sobre o seu patrimonio, a súa cultura e as súas tradicións. Decatámonos de que moi preto das nosas escolas podemos atopar numerosas construccións arquitectónicas antigas que desempeñaban unha función esencial nunha determinada época.

Tamén observamos o rica que é a nosa cultura, chea de costumes e tradicións que se mantiveron presentes na nosa terra co paso do tempo grazas á transmisión interxeracional pero que, por mágoa, estanse perdendo nos nosos días. Por iso creemos que son un ben moi valioso que temos que coidar e protexer, para que perduren moitos anos máis.

 

Esta é unha mostra do traballo realizado en cada unha das escolas do C.R.A. sobre o noso patrimonio máis próximo.

  

 

Arte mariño

Hi xa moito tempo, no Xapón cando os mariñeiros chegaban á terra, facían debuxos dos peixes que levaban para que a xente pudera compralos.

No Clube de Ciencia, tamén fixemos debuxos de animais mariños. Vede como os fixemos e a ver se vos gustan.

Collemos cunhas, langostinos, xoubiñas E pintámolos con tinta de calamar diluida nun pouco de auga
Procuramos pintar todo e procuramos que as cunhas ou peixes non queden moi enchoupados de auga Xa pintados colocamos papel poroso enrriba do peixe que temos pintado coa tinta do calamar
Facemolo tamén con moito coidado Axudámonos eh ...
Xa comezan a sair os debuxos. Tamén os podemos chamar gravados. A que vos gusta esta arte xaponesa?
Con coidado e axudándonos Aí está o grabado dun langostino.

Experimentamos coas cousas

Como podemos facer unha torre moi alta sen que nos caia? Podemos pasar auga dun vaso a outro cunha palliña? Como se fan a pompas de xabón? Sabedes quen é Leonardo da Vinci, pois inventou unha ponte que se construir con troncos sen necesidade de atalos, nin pegalos nin, poñerlle clavos, como o conseguiría.

No clube de ciencia os nenos e nenas do C.R.A. intentarono, a ver se o conseguiron?

   
 Na base so pode ter unha ficha, non se poden subir nin ás cadeiras nin ás mesas  Conseguirán facer a ponte cos pauciños, sen atalos nin pegalos ?
   
 Como podemos pasar a auga da pipeta ao vaso coa palliña?  Moi importante, se nos axudamos resolvemos mellor.
   
 Como facer a pompa?  Saiu
   
 Unha torre distinta que mantén o equilibrio  Está tentando soplar, para qué?

As cores e a química

Que á a cor vermella e a cor marrón?, como se consiguen as cores?

Imos investigar, que pasará nun papel coloreado se o humedecemos?

Como podemos humedecer un papel sen mollalo?

Imos ver

 Con papel facemos un churriño

 Pintamos unha folla co rotula, facemos un furado no medio e poñemos u churriño de papel que temos preparado

 E colocamos o papel e co seu churriño nun vaso con auga. A folla pintada non pode tocar a auga  Que está a ocorrer agora?
 A cor expandiuse polo papel e o punto de cor fíxose moi grande.  Que ocurriu? que lle pasou a cor?
 Hai que pensar  Investigar e experimentar é moi divertido e se o facemos coas nosas compañeiras, mais divertido aínda.

Presentación

Que é o club de ciencia Nautilus? O Club de Ciencia plantéxase como un espazo de aprendizaxe non formal no que os escolares se sumerxirán no eido científico a través dunha metodoloxía práctica na que predomine o diálogo, o traballo en equipo, a observación e manipulación de cara a acadar que os cativos den resposta ás súas curiosidades e aprendan os porqués de numerosos fenómenos naturais e outros aspectos cos que conviven.

Obxectivo xeral. Achegar ao alumnado de primaria ao eido científico dun xeito lúdico-educativo a través dunha proposta baseada no desenvolvemento de actividades e proxectos de divulgación científica na que eles serán os protagonistas.

Obxectivos específicos

- Incentivar a curiosidade e pensamento crítico.
- Xerar relacións entre nenos e nenas de diferentes idades cun punto en común: a ciencia.
- Dar a coñecer o porqué dos fenómenos naturais e cercanos cos que convivimos a diario.
- Afianzar a seguridade e evitar “o medo” polas asignaturas de ciencia.
- Potenciar e fomentar a creatividade a través da realización de experimentos, xogos, obradoiros e outras actividades nas que os cativos observen, manipulen e sexan os protagonistas das sesións.
-    Destacar o uso da lingua galega en ámbitos coma o da ciencia.
-    Poñer de manifetso o papel da muller na ciencia en concreto o papel da muller científica con recoñecemento internacional.

Metodoloxía.- Estará baseada na asamblea dos escolares e o traballo en equipo para a consecución dun obxectivo común: a resposta ou solución ao proxecto e/ou actividade de ciencia plantexado.
Serán sesións nas que predominará o diálogo grupal fomentando que os escolares manifesten as súas dúbidas e curiosidades e facendo que entre todos se plantexe unha solución ás mesmas.
O alumnado será o protagonista das sesións de ciencia ao ter que aplicar o método científico en cada unha delas; a observación e manipulación dos materiais fará que os escolares se enganchen á ciencia e vaian desenvolvemento o pensamento crítico e fomentando a súa curiosidade.
Os docentes tratarán de inculcar a participación de cada un dos alumnos e potenciarase o manexo dos materiais por parte de cada un deles potenciando a familiarización e o seu desenvolvemento persoal.
Unha metodoloxía práctica e dinámica fará que o grupo estea unido e afiance lazos por un tema común: a ciencia.

Programación e actividades.- Proponse unha programación anual de 1 hora e 30min semanais coa que se traballen diferentes temáticas a través de diversas vías como xogos, experimentos, diseccións, TICs, robótica, ....
As temáticas xerais nas que se afondará son:
-Bioloxía: flora e fauna mariña e terrestre.
-Xeografía: o planeta Terra e a súa dinámica, cambio climático, correntes oceánicas, efecto invernadoiro, latitude, meridianos, paralelos, ...
-Física: óptica, electricidade, forzas, termodinámica, ...
-Química: variacións de pH, valoracións químicas, indicadores, ...
-Robótica.

En termos concretos as sesións abordarán esas temáticas a través da realización de:
-xogos,
-experimentos,
-diseccións,
-manipulación de flora e fauna reais (en formol, disecados ou ben a través d epartes do seu esqueleto, etc),
-sesións divulgativas con apoios informáticos,
-programas informáticos e uso das TICs,
-etc

Toda a programación se levará a cabo relacionando os conceptos coa vida diaria do alumnado para que coñezan a aplicación real do que ven na aula e sexan conscientes do uso, manexo e beneficios ou axuda que a ciencia nos aporta.

 

O Concurso de dirección no C.R.A. de Rianxo

Por orde do 21 de marzo de 2018 convócase concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección nos centros docentes públicos. Entre os centros con vacantes figura o C.R.A. de Rianxo, ao ter cumplido a actual dirección catro anos de exercicio.

Achégase a seguinte documentación, relacionada co concurso

- Orde de 21 de marzo

- Proxectos de dirección presentados

- Constitución da comisión de selección

Distribuir contido