Presentación

Que é o club de ciencia Nautilus? O Club de Ciencia plantéxase como un espazo de aprendizaxe non formal no que os escolares se sumerxirán no eido científico a través dunha metodoloxía práctica na que predomine o diálogo, o traballo en equipo, a observación e manipulación de cara a acadar que os cativos den resposta ás súas curiosidades e aprendan os porqués de numerosos fenómenos naturais e outros aspectos cos que conviven.

Obxectivo xeral. Achegar ao alumnado de primaria ao eido científico dun xeito lúdico-educativo a través dunha proposta baseada no desenvolvemento de actividades e proxectos de divulgación científica na que eles serán os protagonistas.

Obxectivos específicos

- Incentivar a curiosidade e pensamento crítico.
- Xerar relacións entre nenos e nenas de diferentes idades cun punto en común: a ciencia.
- Dar a coñecer o porqué dos fenómenos naturais e cercanos cos que convivimos a diario.
- Afianzar a seguridade e evitar “o medo” polas asignaturas de ciencia.
- Potenciar e fomentar a creatividade a través da realización de experimentos, xogos, obradoiros e outras actividades nas que os cativos observen, manipulen e sexan os protagonistas das sesións.
-    Destacar o uso da lingua galega en ámbitos coma o da ciencia.
-    Poñer de manifetso o papel da muller na ciencia en concreto o papel da muller científica con recoñecemento internacional.

Metodoloxía.- Estará baseada na asamblea dos escolares e o traballo en equipo para a consecución dun obxectivo común: a resposta ou solución ao proxecto e/ou actividade de ciencia plantexado.
Serán sesións nas que predominará o diálogo grupal fomentando que os escolares manifesten as súas dúbidas e curiosidades e facendo que entre todos se plantexe unha solución ás mesmas.
O alumnado será o protagonista das sesións de ciencia ao ter que aplicar o método científico en cada unha delas; a observación e manipulación dos materiais fará que os escolares se enganchen á ciencia e vaian desenvolvemento o pensamento crítico e fomentando a súa curiosidade.
Os docentes tratarán de inculcar a participación de cada un dos alumnos e potenciarase o manexo dos materiais por parte de cada un deles potenciando a familiarización e o seu desenvolvemento persoal.
Unha metodoloxía práctica e dinámica fará que o grupo estea unido e afiance lazos por un tema común: a ciencia.

Programación e actividades.- Proponse unha programación anual de 1 hora e 30min semanais coa que se traballen diferentes temáticas a través de diversas vías como xogos, experimentos, diseccións, TICs, robótica, ....
As temáticas xerais nas que se afondará son:
-Bioloxía: flora e fauna mariña e terrestre.
-Xeografía: o planeta Terra e a súa dinámica, cambio climático, correntes oceánicas, efecto invernadoiro, latitude, meridianos, paralelos, ...
-Física: óptica, electricidade, forzas, termodinámica, ...
-Química: variacións de pH, valoracións químicas, indicadores, ...
-Robótica.

En termos concretos as sesións abordarán esas temáticas a través da realización de:
-xogos,
-experimentos,
-diseccións,
-manipulación de flora e fauna reais (en formol, disecados ou ben a través d epartes do seu esqueleto, etc),
-sesións divulgativas con apoios informáticos,
-programas informáticos e uso das TICs,
-etc

Toda a programación se levará a cabo relacionando os conceptos coa vida diaria do alumnado para que coñezan a aplicación real do que ven na aula e sexan conscientes do uso, manexo e beneficios ou axuda que a ciencia nos aporta.