Saúde

SAÍDA AO POLIDEPORTIVO DE RIANXO E MERENDA SAUDABLE NA AULA ACTIVA

HOXE FOI UN DÍA MOI INTENSO: CHEGAMOS A RIANXO E O NOSO GRUPO DIRIXIUSE AO POLIDEPORTIVO

PARA DESFRUTAR DUNHA SESIÓN ADICADA A DISTINTOS/AS DEPORTISTAS GALEGOS E GALEGAS

QUE NOS TIÑA PREPARADO O PROFE OSCAR.

AO REMATAR A SESIÓN ENCAMIÑÁMONOS A AULA ACTIVA PARA DEGUSTAR UNHA MERENDA SAUDABLE

A BASE DE CONSERVAS QUE NOS CEDEU "CONSERVAS CORTIZO".

DE TER TODO PREPARADO ENCARGÁRONSE MARIA E PABLO DE ARENARIA.

ATA NOS VISITARON AS CÁMARAS DE TELEVISIÓN E A RADIO.

OBRADOIRO DE BOCADILLOS DE MAR

O XOVES 26 DE MAIO AS AULAS DO CRA REALIZARON UN OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN ENMARCADO DENTRO DO PROGRAMA  "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA",  CO OBXECTO DE PROMOCIONAR O CONSUMO DAS CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR.

BOCADILLOS DE MAR

CON PRODUTOS DO MAR E DA TERRA ESTIVEMOS A PREPARAR DURANTE UNHA SEMANA SABOROSOS BOCADILLOS

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

No día mundial da saúde nada mellor que un rico zume de laranxa do laranxeiro da escola de Rañó para manternos sans.

 

BOCADILLOS DE MAR

DENDE O 11 AO 15 DE ABRIL NAS AULAS DO CRA DE RIANXO, E GRAZAS Á COLABORACIÓN DE CONSERVAS CORTIZO,  ESTANSE PREPARANDO NA HORA DA MERENDA DISTINTOS TIPOS DE BOCADILLOS ELABORADOS A BASE DE CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR.

ESTA ACTIVIDADE ENMARCASE "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA", CAMPAÑA DESEÑADA POLA CONSELLERÍA DE MAR EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A CONSELLERÍA DE SANIDADE CO OBXECTO DE PROMOCIONAR AS MÚLTIPLES VIRTUDES DAS CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR

SEMANA DA FROITA

Comeza o luns 25 de xaneiro unha nova "Semana da froita na escola"
Este programa encádrase dentro do "Plan de consumo de froitas nas escolas"
e se desenvolve coa axuda económica da  Unión Europea

ARCIMBOLDO: RETRATOS CON FROITOS

Retrato de Rodolfo II en traxe de Vertumno

"CON FROITAS, VERDURAS E FLORES
PINTABA ARCIMBOLDO EMPERADORES.
NON PRECISABA MIRAR AO MODELO
PREFERÍA UN BO FROITEIRO..."
(Cada cuadro con su cuento. Ed Anaya)

( A arte con froitos chegou á escola cando estabamos a rematar a primeira semana da froita na escola)

PLAN DE FROITA NAS ESCOLAS

O CRA DE RIANXO ESTÁ A PARTICIPAR  UN ANO MÁIS NA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NOS CENTROS ESCOLARES.

O PROGRAMA, COORDINADO POLO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA, PREVÉ A DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA EN VARIOS PERÍODOS SEMANAIS, CO REPARTO DUNHA PEZA DE FROITA A CADA ALUMNO E ALUMNA CADA UN DOS CINCO DÍAS DA SEMANA ELEXIDA.

A PRIMEIRA SEMANA DA FROITA TRANSCORRERÁ DENDE O LUNS 30 DE NOVEMBRO ATA O VENRES 4 DE DECEMBRO

FROITA NA ESCOLA

Comeza o luns 18  a derradeira  "Semana da froita na escola" deste curso escolar 14-15.
Este programa encádrase dentro do "Plan de consumo de froita nas escolas"
e se desenvolve coa axuda económica da  Unión Europea.

Educación en saúde

Promovido polo programa de Educación en Saúde do Cra de Rianxo, e grazas á colaboración de Conservas Cortizo, desenvolvéronse nas nosas aulas distintas actividades de degustación de alimentos do mar en conserva.

Distribuir contido