Saúde

BOCADILLOS DE MAR

DENDE O 11 AO 15 DE ABRIL NAS AULAS DO CRA DE RIANXO, E GRAZAS Á COLABORACIÓN DE CONSERVAS CORTIZO,  ESTANSE PREPARANDO NA HORA DA MERENDA DISTINTOS TIPOS DE BOCADILLOS ELABORADOS A BASE DE CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR.

ESTA ACTIVIDADE ENMARCASE "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA", CAMPAÑA DESEÑADA POLA CONSELLERÍA DE MAR EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A CONSELLERÍA DE SANIDADE CO OBXECTO DE PROMOCIONAR AS MÚLTIPLES VIRTUDES DAS CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR

SEMANA DA FROITA

Comeza o luns 25 de xaneiro unha nova "Semana da froita na escola"
Este programa encádrase dentro do "Plan de consumo de froitas nas escolas"
e se desenvolve coa axuda económica da  Unión Europea

ARCIMBOLDO: RETRATOS CON FROITOS

Retrato de Rodolfo II en traxe de Vertumno

"CON FROITAS, VERDURAS E FLORES
PINTABA ARCIMBOLDO EMPERADORES.
NON PRECISABA MIRAR AO MODELO
PREFERÍA UN BO FROITEIRO..."
(Cada cuadro con su cuento. Ed Anaya)

( A arte con froitos chegou á escola cando estabamos a rematar a primeira semana da froita na escola)

PLAN DE FROITA NAS ESCOLAS

O CRA DE RIANXO ESTÁ A PARTICIPAR  UN ANO MÁIS NA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NOS CENTROS ESCOLARES.

O PROGRAMA, COORDINADO POLO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA, PREVÉ A DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA EN VARIOS PERÍODOS SEMANAIS, CO REPARTO DUNHA PEZA DE FROITA A CADA ALUMNO E ALUMNA CADA UN DOS CINCO DÍAS DA SEMANA ELEXIDA.

A PRIMEIRA SEMANA DA FROITA TRANSCORRERÁ DENDE O LUNS 30 DE NOVEMBRO ATA O VENRES 4 DE DECEMBRO

FROITA NA ESCOLA

Comeza o luns 18  a derradeira  "Semana da froita na escola" deste curso escolar 14-15.
Este programa encádrase dentro do "Plan de consumo de froita nas escolas"
e se desenvolve coa axuda económica da  Unión Europea.

Educación en saúde

Promovido polo programa de Educación en Saúde do Cra de Rianxo, e grazas á colaboración de Conservas Cortizo, desenvolvéronse nas nosas aulas distintas actividades de degustación de alimentos do mar en conserva.

CONSERVAS

DAVID EXPLICOUNOS NESTE MES OS BENEFICIOS QUE APORTA Á NOSA SAÚDE A INXESTA DE PRODUTOS DO MAR EN CONSERVA. BEN QUE FIXEMOS NÓS ADIANTÁNDONOS AOS SEUS CONSELLOS...!!

PROBADORES DE ALIMENTOS EN CONSERVA

DENTRO DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

E GRAZAS Á DOAZÓN DE CONSERVAS CORTIZO ADICAMOS ESTA SEMANA

A PROBAR ALIMENTOS MARINOS EN CONSERVA:

MEXILLÓNS, SARDIÑAS, AGULLAS, ATÚN E CALAMARES NA SÚA TINTA.

 

3ª SEMANA DA FROITA EN PAZO

MAZÁS, MANDARINAS, PERAS, PLÁTANOS, PIÑA,...

AQUÍ VAI UN PEQUENO RESUMO DO QUE FOI A TERCEIRA SEMANA DA FROITA!

SABOR DE ILLA

  SE TE POS A EXPLORAR O MUNDO,
BEN PODE SUCEDER QUE
TE ATOPES
CUNHA ILLA DESHABITADA ...

E TEÑAS QUE MIRAR A FORMA DE ALIMENTARTE...

E QUEIRAS COMPARTIR O TEU DESCUBRIMENTO CON OUTRAS PERSOAS...

 

(PICA AQUÍ SE QUERES SABER ONDE FOI DAR A NOSA MENSAXE)

Distribuir contido