Saúde

DEPORTE E SAÚDE

O DÍA 3 DE MAIO, AS 9:15  HORAS, TÉCNICOS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES DESENVOLVERÁN NA ESCOLA DE CAPELA UNHA CHARLA INFORMATIVA DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DO C.R.A. SOBRE A ACTIVIDADE FÍSICA E A SAÚDE.

ver a nova en

EDUCACIÓN FÍSICA

SAÚDE DENTAL

APRENDER A COIDARNOS FORMA PARTE DA NOSA EDUCACIÓN.

ISA E CINTIA VIÑERON Á ESCOLA A EXPLICARNOS OS BENEFICIOS DUNHA ALIMENTACIÓN ADECUADA E DUNHA BOA TÉCNICA DE CEPILLADO NO BO ESTADO DOS NOSOS DENTES

SAÚDE BUCODENTAL

DENTRO DO PROGRAMA DE SAÚDE DESENVOLVIDO NO C.R.A.DE RIANXO, ESTANSE A REALIZAR ESTES DÍAS DISTINTOS OBRADOIROS DE SAÚDE BUCODENTAL CO OBXECTIVO DE MELLORAR A ADQUISICIÓN DE PRÁCTICAS ADECUADAS DE COIDADO DENTAL.

AS SESIÓNS CORREN A CARGO DUN EQUIPO DE COLABORADORAS DA ODONTÓLOGA SOFÍA REY MARTÍNEZ.

ver o desenvolvemento das sesións na

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO

ESCOLA DE CAPELA

POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 6, 7 E 8 DE MARZO REALIZARANSE UNHAS NOVAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE RIANXO.

ESTA ACTIVIDADE COMPLEMENTARASE CUNHA BREVE VISITA GUIADA ÁS INSTALACIÓNS DO CONCELLO.
*
ver a nova en

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO


ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O 6 e 7de febreiro persoal da Asociación ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia) visitaron novamente as aulas do C.R.A. de Rianxo para desenvolver cos nenos e nenas sesións formativas sobre a importancia da inxesta de produtos procedentes do mar nunha alimentación saudable.

*

Ver a actividade desenvolvida na

Escola de Abuín ( Alumnos de Rañó e Abuín)

FROITA NA ESCOLA

JULIA TEN UN SUPERMERCADO PRETO DA ESCOLA.

É A NOSA VECIÑA.

DURANTE UNHA SEMANA ESTIVO A VISITARNOS CADA DÍA...

... E A TRAERNOS FROITA.

GRAZAS A ELA FIXEMOS A PRIMEIRA SEMANA DA FROITA NA ESCOLA.

E AÍNDA QUE AGORA TRAEMOS A COTÍO FROITA PARA MERENDAR, ESTAMOS DESEXANDO VOLVER  A TER AS VISITAS DE JULIA, A NOSA VECIÑA...

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS

O CRA de Rianxo, continuando co programa de Educación para a Saúde iniciado no pasado curso escolar. puxo en marcha nesta semana o "Plan de Consumo de froitas nas escolas" (*)

As tendas de alimentación cercanas ás escolas son, na maioría dos casos, as encargadas de subministrar diariamente a froita a consumir, co que participan activamente na campaña para promover o consumo destes alimentos e contribúen a promoción de hábitos saudables.

ver

Semama da froita en Pazo

Semana da froita en Pazo primaria

Semana da froita en Rañó

Semana da froita en Cruceiro

(*) O "Plan de Consumo de froitas nas escolas" desenvólvese coa axuda financieira da Comunidade Europea.

Distribuir contido