2019-2020

Organizador curso

Medidas especiais para previr e conter o contaxio por Coronavirus

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe (12/03/2020), na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou.

Comunicado da Consellería de Educación, enlace

Mais información da Presidencia da Xunta, neste enlace.

Información transmitida aos medios de comunicación.

QUEIXO FRESCO E PATÉ DE FROITOS DO MAR

ANA VEU A APRENDERNOS A FACER QUEIXO FRESCO E PATÉ DE FROITOS DO MAR E MOITO GOSTAMOS DE ELABORAR E DEGUSTAR ESTAS DÚAS RECEITAS!

 GRAZAS, ANA !!

25N

SI É SI, NON É NON.

BEN O SABEMOS PERO NON PODEMOS DEIXAR DE LEMBRALO TODOS OS DÍAS E EN ESPECIAL NO DÍA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS.
ESTE ANO, ADEMAIS,  EN COMPAÑÍA DAS BOLBORETAS E
MÁSCARAS DE MONINBÓ, FACENDO NOSAS AS PROPOSTAS DE ONDIÑAS MAINAS E O CONCELLO DE RIANO

   

CASTAÑAS

ESAS SABOROSAS CASTAÑAS QUE COMEMOS CADA MAGOSTO SON UN ANTIGO FROITO DA NOSA TERRA

 
     

CABAZAS

QUEN SABE DE NUTRICIÓN DI QUE A CABAZA APORTA INFINIDADE DE BENEFICIOS PARA A NOSA SAÚDE.
NÓS, QUE SABEMOS DE MOITAS OUTRAS COUSAS, ENGADIMOS QUE ADEMAIS TEN UNHA CHEA DE PROPIEDADES PARA ENRIQUECER A NOSA IMAXINACIÓN E AS NOSAS TRADICIÓNS!

   

Información Coronavirus

A Consellería de Educación puxo na súa páxina web diversa información sobre o Coronavirus.

SÍNTOMAS:

Febre, tose, sensación de falta de aire

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS:

- Lavar as mans frecuentemente

- Non tocar os ollos a nariz ou a boca

- Ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable, ou contra o brazo

- Con síntomas respiratorios evitar contacto próximo con outras persoas

- No caso de sospeita de infeccións non acudir directamente ao centro de saúde senón contactar co 061

MILLO

NO TEMPO DE APAÑAR O MILLO PETRA TRABALLOU TODO CANTO PUIDO NA CASA E NA ESCOLA....

DESTE FROITO CHEGADO DE AMÉRICA DESCUBRIMOS OS SEUS NOMES (REINA, MONTAÑÉS, DO PAÍS...) E OS SEUS SABORES.
CON ÉL XOGAMOS, IMPRIMIMOS E PINTAMOS. E AO CABO FIXÉMOLO REGRESAR Á TERRA, PARA QUE FORA DE NOVO FONTE DE VIDA

ARCIMBOLDOS

O OUTONO, COS SEUS FROITOS, TROUXO UN ANO MÁIS A ARCIMBOLDO

Concerto didáctico Auditorio Santiago

03/03/2020 20:08

Mércores 4 de marzo os alumnos e alumnas de Educación Infantil das Escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Capela irán ao concerto didáctico do Auditorio de Santiago

Xoves 5 de marzo irán os alumnos e alumnas de Educación Infantil das escolas de Outeiro, Cruceiro e Cuvide

Información sobre o concerto "De aquí para alá".

 

Distribuir contido