Medidas especiais para previr e conter o contaxio por Coronavirus

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe (12/03/2020), na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou.

Comunicado da Consellería de Educación, enlace

Mais información da Presidencia da Xunta, neste enlace.

Información transmitida aos medios de comunicación.

AdxuntoTamaño
informacion_medios_12032020.pdf332.28 KB