2019-2020

Organizador curso

Video admisión e matrícula curso 19-20

Video editado para a campaña de admisión do curso 2019-20

Video admisión e matrícula 2017-18

Vídeo editado para a campaña de admisión e matrícula do curso 2017-18

Video admisión e matrícula 2018-19

Vídeo elaboarado para a Matrícula e Admisión curso 2018-19

 

 

Solicitudes de admisión

02/03/2020 18:44
20/03/2020 18:44

Do 1 ao 20 de Marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión.

Información nas Escolas de Abuin, Rañó, Quintáns, Capela, Outeiro, Cruceiro, Cuvide ou Pazo

Ou na Sede en Atalaia Asados

Mais información neste enlace

Con Jose Angel investigamos os animais do bosque

A sesión de hoxe foi moi especial. Estivo con nos Jose Angel.

A Jose Angel encántalle a natureza, encántanlle os ríos e os animais.

Como o día estaba malo e non pudemos saír. fixemos varios xogos:

- Coñecer varios paxaros de peluche que nos trouxo José Angel. tiñan as cores dos paxaros reais, e ao apreixalos cantaban. Coa axuda de guías tiñamos que descubrir o mome dos paxaros, o nome común e o nome científico.

- Outro xogo consistiu en descubrir a que animais pertencían as pegadas que estaban marcadas na area.

- Para rematar José Angel ensinounos a mirar por un telescopio, para poder ver mellor paxaros ou animais que están lonxe.

Pasámolo moi ben, encantóunos a sesión que tivemos con José Ángel.

   
   
   
   

Sobremesa para as familias

03/03/2020 16:00

Ven a coñecer as escolas do C.R.A. DE RIANXO

Martes 3 de Marzo as 16:00 horas xornada de portas abertas para a sobremesa que terá lugar nas Escolas do C.R.A. de Rianxo

Será un momento para participar os nosos proxectos e as vosas inquietudes se tedes interese na matricular ao voso fillo ou filla no C.R.A. de Rianxo

Festa do Entroido

21/02/2020 09:43

Venres 21 de febreiro celebramos a festa do entroido na Escola de Capela, no Araño.

Podedes acompañarnos, deisfrazarvos, xogar, bailar e disfrutar da nosa festa.

VER ALBUM DE FOTOS

CONVITE DE ENTROIDO

Este ano celebramos o entroido na escola de Capela.

Estades tod@s convidad@s.

Non podedes faltar!!

 

 

Distribuir contido