Educación Primaria

Recursos Primaria

Selección de recursos web para o alumnado elaborada polo profesorado de Primaria do CRA de Rianxo.

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2017-18

* CONSULTA NA TÚA ESCOLA O LISTADO ESPECÍFICO

 

Axudas para libros de texto e material escolar - Recollida de vales

 

Están dispoñibles os vales correspondentes ao programa de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Primaria.

Poden recollerse na sede do C.R.A. os días 13, 14 e 15 de xullo entre as 11:00 e as 13:00.

Rianxo, 12 de xullo de 2016

O equipo directivo

Diseccionamos un peixe!

Este trimestre, os nen@s da aula de primaria de Quintáns, estivemos estudando os distintos tipos de animais e as súas características. Tíñamos algunhas dúbidas cos peixes e as súas partes, así que o profe Pablo trouxo unha Lubina á clase para que visemos todo moito máis claro.

Foi unha experiencia ben chula e entre todos puidemos ver todas e cada unha das partes dos peixes que saían no noso libro de ciencias naturais.

Vimos a pel e as escamas e abrimos o lateral da súa cabeza para ver e tocar as branquias. Eran como pulmóns humanos pero en pequeno! Tamén tivemos ocasión de observar as súas aletas e cola con detalle.

Despois abrímolo para comprobar se era certo que os peixes son vertebrados, é dicir, que teñen esqueleto interno. Unha vez aberto pola metade, comprobamos que era certo e que a lubina tiña espiña dorsal, que é o esqueleto dos peixes.

Foi unha experiencia moi interesante e divertida!

Aquí vos deixamos fotos da nosa pequena investigación científica.

 

O noso corpo

Os nen@s de Quintáns de Primaria, estamos estudando o corpo humano na clase de Ciencias Naturais. Hoxe coa axuda do corpo de Miguel, fixemos unha réplica do corpo dun neno. Agora só nos queda poñerlle o nome ás extremidades superiores, inferiores, ó tronco...e completar con todo o que estamos aprendendo. Evidentemente todos quixemos pasar polo sitio de Miguel e comparar se éramos máis grandes ou máis pequenos.

Aquí tendes a proba do ben que o pasamos!

Bicos e apertas para tod@s!

 





OLA DE NOVO A TOD@S!

OLA A TOD@S!

SOMOS @S NEN@S DE QUINTÁNS DE PRIMARIA.

GÚSTANOS MOITO VIR Ó COLE. ESTAMOS NA CLASE DE LINGUA. MANDÁMOSVOS UN BICO E UNHA FOTO. HOXE FALTA ÁLEX.

MIGUEL, GABRIEL, IAGO, MARCOS, AINOA, XIANA, ANTÍA E O PROFE PABLO.

 

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2015/2016

CONSULTADE O LISTADO ESPECÍFICO NAS VOSAS ESCOLAS!!!

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

NA MAÑÁ DO MÉRCORES 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CRA DE RIANXO ASISTIRÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL Á REPRESENTACIÓN DA OBRA  DE CARLOS CASARES " AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", A CARGO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A BARBATESA

A BARBATESA, CARBALLESA, PARRAGUESA....

É UNHA "MANTIS RELIGIOSA"

UN INSECTO DE ABDOME ALONGADO E

GRANDES ANTEAS


 

PODE SER VERDE OU CASTAÑA, SEGUNDO O MEDIO NO QUE SE ATOPE,

PORQUE SE CAMUFLA.

ESTE OUTONO POIDEMOLA VER NAS NOSAS PLANTAS

E OBSERVALA MINUCIOSAMENTE.

Distribuir contido