Educación Primaria

Diseccionamos un peixe!

Este trimestre, os nen@s da aula de primaria de Quintáns, estivemos estudando os distintos tipos de animais e as súas características. Tíñamos algunhas dúbidas cos peixes e as súas partes, así que o profe Pablo trouxo unha Lubina á clase para que visemos todo moito máis claro.

Foi unha experiencia ben chula e entre todos puidemos ver todas e cada unha das partes dos peixes que saían no noso libro de ciencias naturais.

Vimos a pel e as escamas e abrimos o lateral da súa cabeza para ver e tocar as branquias. Eran como pulmóns humanos pero en pequeno! Tamén tivemos ocasión de observar as súas aletas e cola con detalle.

Despois abrímolo para comprobar se era certo que os peixes son vertebrados, é dicir, que teñen esqueleto interno. Unha vez aberto pola metade, comprobamos que era certo e que a lubina tiña espiña dorsal, que é o esqueleto dos peixes.

Foi unha experiencia moi interesante e divertida!

Aquí vos deixamos fotos da nosa pequena investigación científica.

 

O noso corpo

Os nen@s de Quintáns de Primaria, estamos estudando o corpo humano na clase de Ciencias Naturais. Hoxe coa axuda do corpo de Miguel, fixemos unha réplica do corpo dun neno. Agora só nos queda poñerlle o nome ás extremidades superiores, inferiores, ó tronco...e completar con todo o que estamos aprendendo. Evidentemente todos quixemos pasar polo sitio de Miguel e comparar se éramos máis grandes ou máis pequenos.

Aquí tendes a proba do ben que o pasamos!

Bicos e apertas para tod@s!

 





OLA DE NOVO A TOD@S!

OLA A TOD@S!

SOMOS @S NEN@S DE QUINTÁNS DE PRIMARIA.

GÚSTANOS MOITO VIR Ó COLE. ESTAMOS NA CLASE DE LINGUA. MANDÁMOSVOS UN BICO E UNHA FOTO. HOXE FALTA ÁLEX.

MIGUEL, GABRIEL, IAGO, MARCOS, AINOA, XIANA, ANTÍA E O PROFE PABLO.

 

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2015/2016

CONSULTADE O LISTADO ESPECÍFICO NAS VOSAS ESCOLAS!!!

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

NA MAÑÁ DO MÉRCORES 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CRA DE RIANXO ASISTIRÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL Á REPRESENTACIÓN DA OBRA  DE CARLOS CASARES " AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS", A CARGO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A BARBATESA

A BARBATESA, CARBALLESA, PARRAGUESA....

É UNHA "MANTIS RELIGIOSA"

UN INSECTO DE ABDOME ALONGADO E

GRANDES ANTEAS


 

PODE SER VERDE OU CASTAÑA, SEGUNDO O MEDIO NO QUE SE ATOPE,

PORQUE SE CAMUFLA.

ESTE OUTONO POIDEMOLA VER NAS NOSAS PLANTAS

E OBSERVALA MINUCIOSAMENTE.

LIBROS DE TEXTO 2014/15

*CONSULTA O LISTADO ESPECÍFICO NA TÚA ESCOLA!!!

A MOCHILA VIAXEIRA

TAMÉN NA CLASE DE PRIMARIA 

A MOCHILA VIAXEIRA COMEZOU A SÚA VIAXE.

FOI CON IRENE, CON QUEN LLE TOCOU 

INICIAR O PERCORRIDO. 

QUE DISFRUTEDES DO SEU CONTIDO!!!!!

MATERIAL IMPRESO PARA O CURSO 2013-14

1º NIVEL

 

Lingua Galega: Lingua 1. “Unha a unha”.Ed. Anaya 2011.

ISBN: 978-84-667-9947-8

Lecturas Aldán 1. Ed. Anaya 2011.

ISBN: 978-84-207-6928-8

Matemáticas: Matemáticas 1. “Los caminos del saber”. Ed. Santillana 2011.

ISBN: 978-84-294-9124-1

Coñecemento do Medio: Coñecemento do Medio 1. Ed. Anaya 2011.

ISBN: 978-84-667-9953-9

Lingua Inglesa: Find Out 1. Pupil’s Book. Ed. Macmillan

ISBN: 978-1-4050-7816-0

Música: Música 1. Ed. Anaya 2011

ISBN: 978-84-678-0001-2

 

 

 

2º NIVEL

 

Lingua Galega:. Lingua 2. “Unha a unha”. Ed. Anaya.

ISBN: 978-84-667-9950-8

Lecturas 2. A nave dos libros. “Os camiños do saber”.

Ed. Santillana 2011 ISBN: 978-84-9972-085-2

Matemáticas: Matemáticas 2. “Los caminos del saber”. Ed. Santillana 2011.

ISBN: 978-84-294-9670-3

Coñecemento do Medio: Coñecemento do Medio 2. Ed. Anaya 2011.

ISBN: 978-84-667-9956-0

Lingua Inglesa: Find Out 2. Pupil’s Book. Ed. Macmillan

ISBN: 978-1-4050-7826-9

Música: Música 2. Ed. Anaya 2011

ISBN: 978-84-678-0003-6

Distribuir contido