Evento

Evento

A creación dun contido de tipo evento é moi similar ao visto para os contidos de tipo páxina, coa particularidade de que o evento xerado reflectirase automaticamente no calendario do bloque lateral. 

Os eventos teñen unha data de comezo ("Data de inicio") e, opcionalmente, unha data de remate ("Event has end date"). Deste xeito, os días do calendario nos que haxa eventos publicados aparecerán destacados e actuarán como hipervínculos á propia información do contido (título e corpo do evento).

Ademais, é posible establecer as horas e minutos propias de cada evento marcando a opción "Event has time".

Na seguinte imaxe podemos ver a ficha de creación dun contido tipo evento:

crear evento

Ademais, no caso de existir varios eventos nunha mesma data será posible establecer filtros para facilitar a busca de información por parte do usuario.

Tamén é posible obter vistas semanais, mensuais ou en formato táboa dos eventos do calendario.

filtro evento

Última modificación: Mércores, 8 de Febreiro do 2017, 17:52