Esquema de temas
Tema 3
MOODLE: Creación de recursos.
Recursos e módulos transmisivos
Neste apartado trataranse os recursos e actividades que Moodle proporciona para ofrecer información ao estudante.
Normalmente será o docente o que exerza a función de transmisor da información e o estudante seguirá sendo suxeito pasivo.
Dentro destes contidos podemos atopar documentos de texto, máis ou menos estruturados, presentacións multimedia, páxinas web ou calquera outro documento que sirva para ofrecer información. Na ensinanza tradicional sería equivalente aos libros de texto ou apuntes de clase, por exemplo.
A maior parte dos recursos transmisivos atópanse na lista despregable Engadir un recurso.... Nembargantes, hai outras actividades que se ubicaron no grupo de recursos e módulos interactivos ou colaborativos que poderían perfectamente estar aquí. É o uso que se lles da a estas actividades o que as fará estar nunha ou outra categoría. Por exemplo, a actvidade Glosario, será transmisiva se a fai o docente e o estudante simplemente a consulta. Será máis ou menos interactiva si o estudiante pode editar as entradas. Ou será colaborativa si a actividade se desenrola entre todos avaliándose mutuamente.
Tema 4
MOODLE: Creación de actividades (I)
Recursos e módulos interactivos
Nos seguintes módulos veremos como crear diferentes tipos de recursos interactivos nos cales, a diferencia dos anteriores, os alumnos xa teñen que realizar algunha acción, como pode ser respostar a unhas preguntas, entregar unha tarefa proposta, participar dun debate, etc.
O primeiro recurso que veremos será o dos cuestionarios. Nesta ocasión empregaremos directamente o manual de Jesús Baños, onde podedes atopar información con total claridade sobre como crear este recurso.
Cuestionario
Tema 5
MOODLE: Creación de actividades (II)
Creación de actividades interactivas (II)
Neste tema centrarémonos sobre un novo tipo de contido interactivo: as Leccións.
Tamén vos ofrecemos outra documentación de interese sobre outros tipos de contidos que se poden realizar dentro dun Moodle, como son os Glosarios, Talleres ou Bases de datos.
Lección
Glosario, Talleres e Base de Datos
Tema 6
MOODLE: Creación de actividades (III)
Creación de actividades interactivas (III)
Neste tema centrarémonos sobre os seguintes tipos de contidos interactivos: as Escollas, as Wikis e as Tarefas.
Tamén vos ofrecemos outra documentación de interese sobre outros tipos de contidos que se poden realizar dentro dun Moodle para tarefas de comunicación asíncrona ou síncrona, como son os Foros e Chat.
Escollas, Retroalimentacións, Wiki e Tarefas
Outros contidos