Libro

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Libro

O módulo libro, creado por Petr Škoda, facilita a elaboración de materiais sinxelos compostos por múltiples páxinas, semellante a un libro tradicional, e pódese empregar para engadir páxinas web con estrutura de libro dentro de noso curso.

Na zona lateral esquerda se amosa un índice dos capítulos e subcapítulos cos vínculos correspondnetes. Pódense crear como moito subcapítulos de nivel 1, pero non admite mais subniveis o que as veces pode representar un inconvite á hora de estruturar o contido.

A gran vantaxe deste tipo de recurso é que incorpora un módulo de impresión que permite tanto a impresión do libro completo como por capítulo.

O módulo libro non é interactivo aínda que ten a posibilidade de enlazar consultas, foros etc, dende o libro, así como incluír obxectos multimedia como películas Flash.

Crear un novo libro

Pasos a seguir:

  • Como profesor o administrador, ir á páxina principal do curso.

  • Se a edición está desactivada pulsar en Activar edición.

  • Decidir en que tema ou sección desexamos engadir o recurso Libro

  • Facer clic en "Engadir recurso.." e despois en "Libro IMS"

  • Encher o formulario indicando o nome e resumo do recurso.

  • Indique o xeito no que quere numerar os capítulos (Nada, Numérica, viñetas ou Identidade)

  • Desactive a opción de impresión se mnon lle interesa

  • Decida se quere que en cada capítulo e subcapítulo se amosen os títulos establecidos.

  • Configure as opcións de visibilidade xerais para calquera recurso (grupos, visibilidade)

  • Garde as modificacións feitas. Poderá editalas de novo en calquera momento.

Engadir novos Capítulos e subcapítulos

Ao premer sobre o libro e se amosará unha xanela coa táboa de contido do libro na columna da esquerda (oíndice se amosa con enl,aces aos capítulos e subtítulos existentes) e o contido da páxina pola que estea aberto na zona da dereita.

engadir capitulo


Podemos engadir novos capítulos e subcapítulos, para elo basta simplemente premer sobre o botón + que se amosa ao lado de cada capítulo. para indicar que é un subcapítulo basta con marcar a casiña correspondente.

Tamén se pode editar cada capítulo e subcapítulo, modificar a estrutura establecida e editar o libro.

Dipoñemos tamén das opción de imprimir todo o libro ou dun capítulo determinado, en calquera caso o amosa como páxina web para impresión.

Tamén podemos empaquetar todo o libro e descargalo en zip. Isto será útil para exportar o libro a outros cursos ou a outras plataformas.


Importante

  • O libro non debe ter un grande número de páxinas.

Suxerencias

  • Podemos importar os contidos do libro de páxinas HTML.

  • Podemos imprimir o contido do libro.

  • Podemos empregar o libro para rexistrar en cada páxina algunha actividade periódica (reunións, titoría, xornada, etc.)

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06