Paquete de contido IMS

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Engadir un paquete de contido IMS
IMS
IMS (Global Learning Consortium, Inc) é un dos principais promotores e desenroladores de especificacións abertas orientadas á teleformación (actualmente ten mais de 16 especificacións).

O seu obxectivo é que a partir destas especificacións se consiga a interoperabilidade de aplicacións e servizos de ensinanza distribuída para que os autores de contidos e de contornos poidan traballar conxuntamente.

Este conxunto de especificacións axuda a definir variados estándares técnicos, incluíndo materiais de e-learning.

As especificacións IMS Content Packaging specification fan posible almacenar os contidos nun formato estándar que pode ser reutilizado en diferentes sistemas sen necesidade de converter ditos contidos a outros formatos.

Pode consultar mais sobre especificacións e estándares para e-learning no enderezo http://reddigital.cnice.mec.es/6/Articulos/articulo_capitulo.php?articulo=2&capitulo=4


O recurso de tipo IMS CP en Moodle, permítenos empregar ese tipo de paquetes de contidos, cargándoos e incluíndoos en cursos de xeito sinxelo.

IMS está baseado en XML para representar a estrutura dos cursos, o que permite empregalo en diferentes contornos virtuais de aprendizaxe.

Engadir un paquete de contido IMS

Pasos a seguir:
  • Como profesor o administrador, ir á páxina principal do curso.
  • Se a edición está desactivada pulsar en Activar edición.
  • Decidir en que tema ou sección desexamos engadir un recurso IMS
  • Facer clic en "Engadir recurso.." e despois en "Engadir Paquete de contido IMS"
  • Encher o formulario indicando nome e resumo do recurso.
  • Premer "Escoller ou cargar un ficheiro ..."
  • Dende a xanela que se abre podemos escoller un arquivo existente ou subir un novo.
  • Podemos axustar a xanela onde se amosará o arquivo empregando a opción de Xanela "Mostra avanzada" e marcar as opcións desexadas.
  • Debemos realizar os mesmo cos parámetros:
    • Táboa de Contidos: ao habilitar esta opción a primeira páxina do paquete amosará un índice dos contidos do recurso. Para evitar que se xere automaticamente dita páxina debemos desactivar esta opción.
    • Botóns de navegación: Se habilitamos esta opción amosaranse os botóns de navegación para ir á páxina anterior e seguinte.
  • Gardar os cambios
  • O novo recurso aparece ao final do tema elixido e sempre poderá volver a editalo.
Importante
O tamaño do ficheiro non debe exceder o límite permitido no curso.

Suxestións
Podemos empregar programas como Reload o eXe Learning para xerar un Paquete IMS

Paquetes de contido IMS

IMS é un esqueleto de especificacións que axuda a definit variados estándares técnicos, incluíndo materiais de e-learning. As especificacións IMS Content Packaging specification fai posible almacenar os contidos nun formato estándar que pode ser reutilizado en diferentes sistemas sen necesidade de converter ditos contidos a outros formatos.

O recurso de tipo IMC CP en Moodle, permítenos empregar ese tipo de paquetes de contidos, cargándoos e incluíndoos en cursos de xeito sinxelo. Ademáis, este tipo de recurso soporta, de forma opcional, un repositorio local, que permite que os paquetes sexan compartidos por máis dun curso no mesmo servidor.

As especificacións deste recurso tamén permiten a completa definición do mesmo coa utilización de metadatos (IMS Metada), definindo autorías, taxonomías... No futuro todas as actividades e recursos de Moodle permitirán a definición destes metadatos dunha forma integrada, polo que este tipo de recurso se aproveitará do soporte que xa ofrece para este tipo de información.

IMS está baseado en XML para representar a estrutura dos cursos, o que permite empregalo en diferentes entornos virtuais de aprendizaxe.

Este recurso agrégase coa opción de Engadir un paquete de contido IMS da lista despregable Engadir un recurso... Cando agregamos ou editarmos un recurso deste tipo, teremos que encher os campos amosados no formulario da seguinte imaxe.

Formulario de contido IMS

A continuación comentaremos aqueles campos específicos deste tipo de recurso:

  • Na sección Engadir un paquete de contido IMS, atópase o campo Localización que se emprega para elixir ou subir o paquete IMS.
  • Na sección Parámetros, atopamos unha serie de axustes para determinar como se visualizará o paquete de contido IMS. Por exemplo, para xerar automaticamente unha páxina cun índice dos contidos do curso (Táboa de contidos) ou para amosar botóns de navegación (Botóns de navegación).
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06