Wiki

Para a creación dunha Wiki seleccionaremos no despregable de Engadir unha actividade... a opción Wiki.

Wiki

É importante lembrar os diferentes tipos de Wikis que podemos realizar, segundo o visto na documentación do autor Juan Baños (páxinas 203 e 204). Nesta práctica realizaremos unha Wiki de tipo Grupos para Sen grupos.

Tipos de Wikis

No formulario de creación da Wiki indicaremos o Nome, o Resumo e seleccionaremos as opcións correspondentes segundo o tipo de Wiki que desexemos realizar.

Formulario de creación da Wiki

Prememos sobre o botón Gardar e continuar para poder empezar a editar a nosa Wiki recén creada.

Aparecerá agora un editor que nos permite empezar a edición da Wiki. Para a edición da Wiki debemos de ter en conta o exposto no punto 8.2.3. Cómo escribir Wiki dos apuntes de Juan Baños (páx. 206). Para esta práctica empregamos a forma consistente en encerrar entre corchetes as palabras ou frases que desexamos que sexan novas páxinas da Wiki.

Edición da Wiki

UNha vez gardados os cambios, xa podemos empezar a editar a nova Wiki e crear novas páxinas.

Editar novas páxinas

Cando aparece un signo de interrogación a modo de enlace (cor azul) podemos clicar sobre el para empezar a edición da nova páxina definida.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06