Mostrar un directorio

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Mostrar un directorio

O recurso Directorio engade un enlace a unha carpeta (previamente creada polo profesor ou polo administrador) no xestor de ficheiros de Moodle.

Isto lle permite ao profesor ter unha carpeta accesible para os seus alumnos onde pode recopilar ordeadamente documentación de consulta, arquivos multimedia multimedia, software necesario para o alumno, etc.

Resulta moi útil se dita carpeta contén un elevado número de ficheiros que sería tedioso enlazar un a un como recursos independentes.

O alumno poderá navegar por dita carpeta e escoller que arquivos quere visualizar e /ou descargar.

Para poder empregar este recurso necesitaremos previamente ter creada, unha carpeta dende o xestor de Ficheiros.

Desde o menú de configuración podemos acceder a este xestor premendo sobre o enlace Ficheiros.
crear carpeta
No xestor de ficheiros podemos crear unha nova carpeta premendo sobre o botón Crear un cartafol.
crear cartafol
A continuación pedirásenos o nome do directorio e premeremos no botón Crear.
amosar cartafol
Unha vez creado o novo cartafol, xa será cuestión de subir a el todos os ficheiros que desexemos amosar aos estudantes.
amosar cartafol
Unha vez que xa temos o directorio en condicións de ser amosado, desde o curso engadiremos un novo recurso seleccionando Engadir un recurso... > Amosar un directorio.
Aparecerá un formulario de edición do novo recurso onde o apartado máis importante é o de Mostrar un directorio. Desde este despregable seleccionaremos o directorio que desexamos amosar aos estudantes.
mostrar directorio
Así, finalmete teremos dispoñible desde o curso un acceso aos ficheiros que estén aloxados no directorio indicado, ao cal os alumnos poderán acceder.
directorio para estudantes
detalle directorio

Amosar un directorio

O recurso Directorio amosa a páxina do xestor de ficheiros de Moodle onde se atopa unha carpeta (previamente creada polo profesor ou polo administrador) que contén un listado de arquivos (documentación multimedia, software, etc.). Os estudantes poden acceder a esa carpeta, ver tódolos seus arquivos e navegar por eles. Resulta moi útil se dita carpeta contén un elevado número de ficheiros que sería tedioso enlazar una a un como recursos. Tamén resulta un método vantaxoso respecto á compresión de ficheiros (por exemplo, en formato .zip) porque obriga a descargar tódolos ficheiros e amosa o nome de tódolos arquivos de que se compón.

Para poder empregar este recurso necesitaremos ter creada, polo menos, unha carpeta desde o xestor de Ficheiros. Desde o menú de configuración podemos acceder a este xestor premendo sobre o enlace Ficheiros.

Administración > Ficheiros

No xestor de ficheiros podemos crear unha nova carpeta premendo sobre o botón Crear un cartafol.

Crear un cartafol

A continuación pedirásenos o nome do directorio e premeremos no botón Crear.

Crear cartafol

Unha vez creado o novo cartafol, xa será cuestión de subir a el todos os ficheiros que desexemos amosar aos estudantes.

Novo cartafol creado

Unha vez que xa temos o directorio en condicións de ser amosado, desde o curso engadiremos un novo recurso seleccionando Engadir un recurso... > Amosar un directorio. Aparecerá un formulario de edición do novo recurso onde o apartado máis importante é o de Mostrar un directorio. Desde este despregable seleccionaremos o directorio que desexamos amosar aos estudantes.

Mostrar un directorio

Así, finalmete teremos dispoñible desde o curso un acceso aos ficheiros que estén aloxados no directorio indicado, ao cal os alumnos poderán acceder.

Recurso Directorio creado

Ficheiros dispoñibles no Directorio

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06