Páxina de texto

Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Elaborar unha páxina de texto

Unha páxina de texto é un texto normal sen formato (texto plano), é dicir, sen ningún tipo de estilos (grosa, cursiva...) e sen estruturas (listas, táboas...).

Isto non quere dicir que este recurso non poida conter estilos e estruturas, pero hai que conseguilo empregando unha sintaxe explícita.

Unha vez seleccionada esta opción aparecerá un formulario no que debemos de configurar os seguintes parámetros:

  • Nome: texto identificativo con que quedará en lazada a páxina de texto na páxina principal do curso, dentro da sección elixida. Pode incluír marcas ou etiquetas HTML para resaltar parte ou a totalidade do nome.
  • Resumo: é unha descrición moi breve do contido do recurso.
  • Texto completo: é o lugar onde se engade o texto que se ofrece aos estudantes. Pode conter etiquetas HTML.
  • Formato: Temos as seguintes opcións:
    • Formato automático de Moodle: o formato máis simple co que se poden especificar estilos de texto. Todo o texto é aceptado tal cual se escribe e Moodle encargarase de realizar algunhas operacións para formatear automaticamente o texto. Por exemplo, todo texto que comece or "http://" ou por "www." se converterá nun enlace ao enderezo especificado.
    • Formato HTML: este formato asume que o texto está escrito en HTML puro.
    • Formato de texto simple: (texto plano) non se empregará ningún tipo de formato, nin se interpretan as marcas HTML.
    • Formato Markdown: resulta axeitado para escribir páxinas de texto claro con algunhas cabeceiras e listas, pero sen demasiados enlaces ou imaxes. A especificación da sintaxe Markkdown pódese atopar en http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax.
  • Xanela: permite elixir se o contido do recurso se amosará na mesma xanela de navegación ou nunha nova (popup). Facendo clic no botón de Mostra avanzada poderemos axustar a nova xanela onde se visualizará o recurso.

Páxina de texto

Unha páxina de texto é un texto normal mecanografado sen formato (texto plano), é dicir, sen ningún tipo de estilos (grosa, cursiva...) e sen estruturas (listas, táboas...). Isto non quere dicir que este recurso non poida conter estilos e estruturas, pero hai que conseguilo empregando unha sintaxe explícita.

Para engadir un recurso de tipo Páxina de texto debemos activar o modo de edición e seleccionar a opción Elaborar unha páxina de texto da lista depregable Engadir un recurso... Aparecerá un formulario como o da seguinte imaxe no que debemos configurar os seguintes parámetros:

Configuración da Páxina de texto

  1. Nome: texto identificativo con que quedará en lazada a páxina de texto na páxina principal do curso, dentro da sección elixida. Os estudiantes accederán ao contido deste recurso facendo clic sobre este nome, polo que é importante que sexa bastante descritivo, á vez que conciso, Pode incluír marcas ou etiquetas HTML para resaltar parte ou a totalidade do nome.
  2. Resumo: é unha descrición moi breve do contido do recurso. Pódese empregar para adiantar aos estudantes o contido do mesmo ou os obxectivos. A este informe pódese acceder a través do enlace Recursos, dentro do bloque Actividades. Pode ser escrito mediante o editor de HTML de Moodle.
  3. Texto completo: é o lugar onde se engade o texto que se ofrece aos estudantes. Pode conter etiquetas HTML.
  4. Formato: Moodle da a posibilidade de seleccionar o tipo de formato que se aplicará ao texto. Temos as seguintes opcións:
    1. Formato automático de Moodle: é o formato máis simple co que se poden especificar estilos de texto e o mellor cando empregamos formularios web normais para escribir texto (en lugar do editor HTML enriquecido).
      Todo o texto é aceptado tal cual se escribe e Moodle encargarase de realizar algunhas operacións para formatear automaticamente o texto. Por exemplo, todo texto que comece or "http://" ou por "www." se converterá nun enlace ao enderezo especificado. As formas textuais de indicar emoción converteranse no seu correspondente emoticón (o texto ":-)" transformarase en sorriso). Tamén se poden incrustar algunhas marcas HTML para aplicar formato ao texto.
    2. Formato HTML: este formato asume que o texto está escrito en HTML puro. A diferenza do automático, neste modo non se formateará o texto automaticamente.
    3. Formato de texto simple: (texto plano) non se empregará ningún tipo de formato. O contido do recurso amosarase tal e como se introduce no cadro de texto completo, sen realizar ningunha conversión. Nin sequera se interpretan as marcas HTML.
    4. Formato Markdown: este formato é outra sintaxe alternativa, similar á tipo wiki e a HTML, para facilitar ao máximo a escritura XHTML correctamente formateadas empregando unicamente o texto escrito -algo parecido a cando escribimos un correo electrónico-. Resulta moi axeitado para escribir páxinas de texto claro con algunhas cabeceiras e listas, pero sen demasiados enlaces ou imaxes. A especificación da sintaxe Markkdown pódese atopar en http://daringfireball.net/projects/markdown/syntax.
  5. Xanela: mediante este parámetro podemos facer que o contido do recurso se amose na mesma xanela de navegación ou nunha nova (popup). No primeiro caso, substituirase a páxina actual pola do recurso e, non segundo caso, abrirase unha nova xanela de navegación. Facendo clic no botón de Mostra avanzada poderemos axustar a nova xanela onde se visualizará o recurso.
    Axustes da nova xanela
  6. Visible: podemos ocultar o recurso aos estudantes seleccionando a opción Ocultar. Pode ser de interese se aínda non queremos amosar o recurso.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06