Xeral
Introdución a Moodle "paso a paso"
creado por Carlos de Paz
(IES 'A Sardiñeira' - A Coruña)
|
Neste curso procurouse dispoñe-los elementos precisos para facer a primeira aproximación a este potente sistema de xestión de cursos. Repartido en módulos, o curso alterna lecturas e accesos a diversas fontes de información (sinaladas coa icona |
O seguimento faise accedendo a contidos e actividades na orde en que aparecen. Moitas veces as actividades incorporan información que non está nos contidos polo que é importante, aínda que non imprescindible, segui-lo curso de xeito secuencial.(Dependendo da versión de moodle coa que se traballe os contidos poden variar con respecto o explicado neste curso, que foi creado sobre a versión 6)
Cada estudante desenvolverá as actividades nun curso creado de seu no que actuará como profesor/titor.Hai tamén videos con titoriais na columna de boques da dereita do curso. Escolle no despregable debaixo da miniatura do vídeo e fai clic sobre ela se queres ampliala.
¡¡Aprendendo a usar Moodle non se perde tempo, é a mellor inversión posible!!