Introdución
Comenzamos explicando algúns conceptos básicos así como aqueles aspectos de carácter xeral que nos axudarán a entender o funcionamento de Moodle.
Veremos cales son os elementos principais que se mostran na pantalla de Moodle, como xestionar a información persoal do usuario, como xestionar os ficheiros propios e os ficheiros do curso no que estamos traballando, así como tamén algúns aspectos que son comúns en canto ao traballo cos recursos e as actividades.
Como acceder á aula virtual de Webs Dinámicas, como iniciar sesión e como rexistrarse.
Nesta páxina descríbese como configurar na web do centro un bloque cunha icona e un enlace de acceso á aula virtual.
Considerase moi recomendable que todos os centros do proxecto Webs Dinámicas configuren este bloque para que os alumnos poidan identificar claramente o acceso ás súas respectivas aulas virtuais.