Uso dunha xuntanza BBB: Compartir vídeo externo.

O presentador pode, a maiores de amosar a súa cámara web, a presentación ou a súa propia pantalla, presentar un vídeo externo para compartir cos demáis participantes. Para facelo debe picar sobre o botón de accións Botón de accións

Compartir víde

A seguir se abre un cuadro onde indicar a URL (o enderezo) do vídeo en internet, que pode ser de Vimeo, Youtube, Instructure, Twictch ou Daily Motion.

Selección de vídeo


Naturalmente, o profesor podería limitarse a comunicar aos alumnos o enderezo do vídeo para que eles o reproduzan. Porén, compartindo a través da opción de BBB o presentador pode controlar a reprodución do mesmo, iniciando, detendo, reiniciando etc. segundo o seu criterio. Dese modo pode ir comentando, resaltando ou aclarando o contido audiovisual de xeito dirixido dado que, simultaneamente ao vídeo, tamén a imaxe da cámara e o son do micro se poden emitir.

Vídeo compartido


Última modificación: Mércores, 14 de Abril de 2021, 18:54