Administración de categorías de cursos

Introdución

Moodle permítenos crear unha estrutura de categorías e subcategorías nas que organizar os cursos da nosa aula virtual. Para definir estas categorías pódense seguir distintos criterios como poden ser: Etapas educativas, Niveis educativos, Ciclos, Departamentos, e calquera outro que nos interese. Evidentemente podemos combinar estes criterios. Moodle permite crear subcategorías ata unha profundidade de 9 niveis.

O obxectivo desta estrutura debe ser o de facilitar ao alumnado a localización de cada curso dentro da aula virtual.

Un exemplo de categorías por etapa e nivel podería ser o seguinte:

Exemplo de categorías

Creación dunha nova categoría

Para crear unha nova categoría ou subcategoría só teremos que introducir dous datos: o nome da mesma e de que outra categoría depende no caso de ser unha subcategoría.

Temos dous camiños para acceder a este formulario:

  • Adminstración do sitio > Cursos > Engadir unha categoría
  • Administración do sitio > Cursos > Admnistrar cursos e categorías, e logo pinchamos no botón Crear unha nova categoría

Deste xeito accederemos ao seguinte formulario no que introduciremos os seguintes datos:

  • Categoría principal. Elexiremos de que outra categoría colga esta nova categoría (subcategoría), ou deixaremos "Arriba" para que a nova categoría estea no primeiro nivel.
  • Nome de categoría (obrigatorio). Nome ou título da categoría. Pode haber varias categorías co mesmo nome, aínda que se se da este caso, normalmente dependerán de distintas categorías superiores.
  • Número ID da categoría. Podemos utilizar este campo para introducir un identificador da categoría que sirva para comparala contra un sistema externo. No caso dos ciclos de Formación Profesional, se establecemos unha categoría para un ciclo concreto, poderiamos meter aquí o código oficial dese ciclo.
  • Descrición. Podemos utilizar este campo para algúnha información relevante da mesma como por exemplo que tipo de cursos se van a atopar dentro dela.

Nova categoría de cursos

Figura 1: Engadir unha categoría de cursos

Xestión das categorías existentes

Desde a ruta Administración do sitio > Cursos > Administrar cursos e categorías accedemos a un panel de xestión das categorias e tamén dos cursos.

Na parte dereita da pantalla temos un despregable a xeito de enlace con tres opcións:

Modo de visión do panel

Figura 2: Seleción do modo de visión do panel de xestión de categorías e cursos.

  • Categorías de cursos e cursos. Veremos un panel no que xestionar as categorías e outro no que xestionar os cursos da categoría elexida:

Panel de xestión de categorías e cursos

  • Categorías de curso. Veremos só o panel de xestión das categorías:

Panel de xestión de categorías

  • Cursos. Teremos que elixir unha categoría e teremos o panel para xestionar os seus cursos:

Panel de xestión de cursos

Polo momento imos ver que podemos facer no panel de xestión das categorías.

Accións sobre unha categoría

No panel de xestión de categorías, á dereita de cada unha delas aparecen uns botóns que nos dan información e nos permiten realizar determinadas accións sobre a categoría.

Botóns das categorías

Imos ver que podemos facer con eles:

  • O ollo dinos se a categoría esta visible ou oculta e permite conmutar entre estes dous estados. Se unha categoría está oculta, tódolos cursos que contén estarán ocultos e serán inaccesibles polo alumnado.
  • As frechas cara arriba e cara abaixo permiten mover a categoría nesa dirección co obxectivo de reordenar as categorías.
  • A rodiña desprega o seguinte menú contextual no que podemos executar varias accións:
Menú de categoría

Menú contextual dunha categoría:

  • Editar. Permite modificar os datos da categoría.
  • Ordenar subcategorías polo nome. Ordena alfabeticamente as subcategorías da categoría de xeito ascendente ou descendente..
  • Ordenar subcategorías polo número de ID de xeito ascendente ou descendente.
  • Eliminar. Elimina a categoría e pregunta se queremos mover o seu contido (subcaterogtias e cursos) a outra categoría ou eliminar todo.
  • Asignar roles.
  • Permisos.
  • Comprobar permisos.
  • Circulos.
  • Filtros.
  • Restaurar curso.

  • Á dereita destes botóns aparece o número de cursos que contén a categoría Número de cursos dunha categoría (neste caso só contén 1 curso).

Mover unha categoría

Podemos cambiar unha categoría de sitio, é dicir, cambiarlle a categoría da que colga. No seguinte exemplo moveremos a categoría Infantil, que por erro colga de Primaria para convertila nunha categoría do nivel superior chamado Arriba. Para facelo debemos marcar o check da categoría que queremos mover (podemos marcar varias para movelas ao mesmo sitio); elexir o destino no despregable Mover as categorías selecionadas a Arriba; e pinchar no botón Mover:

Mover categoría

Figura 2: Mover a categoría Infantil a Arriba

Categoría movida

Figura 3: Resultado de mover a categoría Infantil

Ordenación automática do contido (subcategorías e cursos) das categorías

Na parte central do panel de xestión das categorías, baixo a etiqueta Ordenando, temos tres despregables que nos permiten ordenar o contido dunha ou varias categorías:

  • 1º Despregable. Selecionamos para que categorías imos ordenar o contido. Tres opcións:
    • Esta categoría. Ordenará o contido da categoría seleccionada (da que vemos os cursos no panel da dereita).
    • Categorías seleccionadas. Ordenará o contido das categorías que teñan marcado o check.
    • Todas as categorías. Ordenará o contido de todas as categorías
  • 2º Despregable. Criterio para ordenar as subcategorías de cada unha das categorías seleccionadas antes. Cinco opcións:
    • Ordenar categorías (subcategorías) polo nome (ascendente ou descendente).
    • Ordenar por Número ID da categoría (ascendente ou descendente):
    • Non ordenar as categorías: Ordenaría soamente os cursos.
  • 3º Despregable. Criterio para ordenar os cursos. Nove opcións:
    • Por Nome completo (ascendente ou descendente).
    • Por Nome curto (ascendente ou descendente).
    • Por Número de ID (ascendente ou descendente).
    • Por Data de creación (ascendente ou descendente).
    • Non ordenar os cursos. Ordenaría soamente as subcategorías.

Premer no botón Ordenar.

Última modificación: Mércores, 6 de Outubro de 2021, 21:30