Uso dunha xuntanza BBB: Conversas

Durante a xuntanza os participantes poden plantexar cuestións, debater ou indicar problemas sen interrumpir a marcha da mesma. Para elo pódense empregar conversas (chats) públicos aos que teñen acceso tódolos participantes, ou privadas entre dous participantes.

Conversa pública:

O panel esquerdo permite seleccionar, entre outras opcións a conversa pública na que participan todos os asistentes. A continuación do panel esquerdo aparece a conversa en si. Ao inicio vese a mensaxe de benvida configurada ao crear a sala e a continuación as distintas mensaxes dos participantes. Cada un deles pode escribir na caixa situada ao fondo da mesma para enviar unha mensaxe.

COnversa pública.


A conversa pública pode ser descargada ou copiada polos participantes para consultas ou referencias posteriores. O profesor ten tamén a opción de limpar a conversa. Para acceder a esas opcións hai que picar na icona de tres puntos que aparece na parte superior dereita do panel de conversa.

Opcións de descarga


Conversas privadas.

Ademáis da conversa pública o profesor pode manter conversas privadas con usuarios específicos. Basta con picar no seu nome e seleccionar a opción correspondente no menú emerxente.

abrir conversa privada

Na zona superior do panel esquerdo poderemos seleccionar en cada momento cal das conversas queremos visualizar, ben a pública, ben algunha das privadas.

Conversa privada

Sempre podemos agochar as conversas encollendo o seu panel ao picar no seu título ou na entrada correspondente no panel esquerdo.


Última modificación: Venres, 9 de Abril de 2021, 14:01