Matriculación manual do alumnado nun curso


Nesta páxina descríbese o procedemento para matricular ao alumnado nun curso Moodle utilizando o sistema de matriculacións manuais.

Hai que ter en conta que Matricular usuarios nun curso ou materia específica significa inscribir usuarios co rol de Alumno que xa están dados de alta na Aula Virtual. Polo que antes de matricular o alumnado,  estes usuarios teñen que estar dados de alta na aula virtual.

Esta matriculación pode ser feita polo profesor/profesora do curso ou tamén por un administrador da aula virtual.

O método de matricualción manual pode realizarse de dúas maneiras que se explican a continuación:

1.  Matriculación manual de alumnos nun curso:
  • Á hora de matricular o alumnado nun curso, normalmente buscaremos a todo, ou parte, do alumnado dun grupo. Para facilitar esta búsqueda podemos aproveitar o valor do campo Departamento do perfil do alumnado, que se foi dado de alta na aula virtual mediante o informe AL955 do XADE, conterá un identificador do grupo no que está matriculado no centro, formado por ETAPA+NIVEL+GRUPO (p.e. inf4a, pri1b, eso3c, bacha1a).
  • Para seguir o método de matriculación manual dos alumnos nun curso por parte do profesor/a do curso ou do administrador, debemos previamente situarnos no curso correspondente e veremos como no bloque de ADMINISTRACIÓN aparecen as distintas opcións de administración do curso. 
  • Dende aquí, deplegando o menú Administración do curso  > Usuarios > Métodos de matriculación > Matriculacións manuais, nos leva á pantalla de Métodos de matriculación. (Ver imaxe inferior)

imaxe 2


  • Nesa pantalla móstrase activado (icona co ollo aberto) o método de matriculación manual onde aparecen as iconas de edición do método de matriculación de usuarios na esquina superior dereita. Se aparecera co ollo pechado, habería que pinchar nel para activalo.

  • Ao pasar o cursor sobre a icona situado entre o ollo aberto e a roda dentada  e pulsando nel, accedemos á seguinte pantalla para proceder á busca e selección dos usuarios que queremos matricular co rol de Alumno tal como se mostra na seguinte imaxe.
  • Na lista da esquerda aparecerán os usuarios que xa están matriculados no curso.
  • Na lista da dereita aparecerán o resto de usuarios da aula virtual. Se son moitos non amosará nada e deberemos introducir un criterio de búsqueda no campo Buscar que hai debaixo.
  • Este campo permite buscar polos seguintes campos do perfil de usuario: Nome, Apelidos, Correo e Departamento. O valor introducido debe coincidir co comezo do dato do perfil, así, se buscamos por exemplo un alumno que se apelida Calvo Costa, se introducimos Costa no campo de búsqueda, non o vai atopar, debemos introducir Calvo...
  • Para buscar o alumnado dun grupo, introduciremos no campo Buscar o identificador do grupo formado por etapa+nivel+grupo  (p.e. eso1a, pri4a, bacha2a) tal como está no informe predefinido de alumnos AL955 de Xade no campo department.
  • Así mostraráse no caixón da dereita o número de usuarios cos seus nomes e apelidos.
  • Nesta lista, para seleccionar todos os usuarios pinchamos no primeiro, imos ata o último desplazando a barra vertical se é preciso e pinchamos no último pero coa teclar SHIFT (MAIÚSCULAS) pulsada. Para selecionar varios usuarios a un tempo podemos facelo pinchando en cada un deles mentres mantemos pulsada a tecla CTRL.
  • Seleccionamos o rol a asignar aos usuarios seleccionados, que por defecto será o de Alumno: Asignar rol: Alumno.
  • O campo A partires de deixamos a opción por defecto. (Poderíase escoller unha das opcións (Agora (data e hora), Hoxe (data) ou Comenzo de curso.)
  • O campo Duración da matrícula recoméndase deixalo tal como aparece completado por defecto: Sen límite.


  • Cos usarios seleccionados pulsar o botón Engadir de maneira que os usuarios pasan ao caixón de Usuarios matriculados da esquerda.


  • Desta maneira estes usuarios quedan matriculados no curso ou materia co rol de Alumno tal como se aprecia na seguinte imaxe. 
  • Así queda completado o proceso de Matriculación manual de alumnos a un curso ou materia de modo que os alumnos xa poderían ver e acceder aos contidos da materia correspondente.
  • O profesor/a pode ver agora os alumnos matriculados desde o menú de Participantes situado no bloque de NAVEGACIÓN do curso.


2.  Outro modo de matricular ao alumnado nun curso.


  • En primeiro lugar debemos situarnos dentro do curso correspondente e no menú de >Usuarios  do bloque ADMINSTRACIÓN aparece a opción de "Usuarios matriculados". Concretamente esta opción aparece na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".


  • Despois de pulsar sobre o menú anterior, se mostrará unha pantalla co botón "Matricular usuarios" na esquina superior dereita desta pantalla. No caso de que xa exista algún usuario matriculado no curso, éste aparecerá no listado que mostra esta mesma pantalla.


  • Na seguinte pantalla, tras pulsar o botón de "Matricular usuarios", nos mostrará todos os usuarios con nome, apelidos e correo electrónico que están inscritos no centro e ao lado dereito de cada usuario aparece o botón de "Matricularse". En canto se pulse este botón, o usuario desaparece desta lista.


  • Finalmente, cando remate de matricular aos alumnos no curso, pulsa o "Rematar a matriculación de usuarios"
  • Deste modo, aparece a plantalla onde mostrará todos os usuarios matriculados no curso co rol asignado e coa coas opcións específicas para poder asignar, eliminar roles, editar a matriculación xunto co botón para desmatricular , se fose o caso, a usuarios matriculados erroneamente no curso. (A seguinte imaxe mostra o panel co listado de alumnos matriculados no curso)


Última modificación: Mércores, 6 de Outubro de 2021, 21:27