Uso dunha xuntanza BBB: Notas compartidas

Alternativamente ás conversas, no panel lateral esquerdo pódese seleccionar a opción de "Notas compartidas".

Notas compartidas

Esta opción permítenos realizar anotacións nunha zona común de xeito concurrente. Os participantes contan cun editor que lle permite certa configuración dos formatos. Todos os usuarios poden facer modificacións nestas notas compartidas sempre que o moderador non lle teña bloqueada esa función.

Se se producen modificacións nas notas, os usuarios que nese momento non as teñan visibles por estar visualizando unha conversa  verán unha icona bermella con tres puntos xunto á opción de "Notas compartidas" polo que saberán que hai novidades que poden ser do seu interese.

Notas compartidas: aviso

Ao rematar a xuntanza ou en calquera momento intermedio, pódense facer descargas do contido das notas en distintos formatos de arquivo. Ese arquivo pode ser de utilidade como referencia para profesor e alumnos sobre a sesión actual e pode ser interesante, incluso, subilo ao propio curso para posteriores consultas. Os formatos dispoñibles son:

  • Etherpad
  • HTML
  • Texto sen formato
  • Documento de Word
  • Arquivo PDF
  • Documento de Libre Office
Notsa compartidas: descarga

Última modificación: Venres, 9 de Abril de 2021, 12:45