Creación dunha actividade BigBlueButton
Para crear unha actividade de videoconferencia procedemos como para engadir calquera outro tipo de actividade ou recurso.
Primeiramente deberemos ter activada a edición para que nos permita facer modificacións no curso.
A seguir, buscaremos o tema ou sección onde a queremos incluir.
- Podemos ter unha única actividade de BBB (sesión ou sala) que utilizaremos cantas veces sexan precisas ao longo do ano. Nese caso a engadiremos preferentemente na sección Xeral do encabezamento.
- Podemos crear distintas sesións/salas para distintas semanas ou temas. Nese caso a engadiremos no tema ou sección que lle corresponda.
Pulsamos a opción "+ Engadir unha actividade ou recurso" escollendo o tipo de actividade "BigBluButtonBN" na ventana emerxente.
Accedemos ao formulario de creación da sesión pulsando Engadir. Teremos entón que cubrir os datos principais de configuración da sesión:
- Tipo de instancia: Aínda que o valor por defecto é "Sala/actividade con gravacións" non será posible gravar a sesión.
- Nome da aula virtual: Título descriptivo para identificala, tendo especial esmero no caso de ter múltiples sesións dentro do mesmo curso.
- Enviar unha notificación: Marcando esta casiña o alumnado matriculado no curso recibirán notificación da creación da sesión.
- Mensaxe de benvida: Para personalizar a mensaxe que BBB presenta por defecto ao acceder á sesión.
- Agardar polo moderador: De estar activada esta opción os alumnos non poden acceder á sala/sesión en tanto un moderador (normalmente o profesor) non estea presente.
Programa da sesión: Podemos marcar a data e hora de inicio e remate da sesión. De facelo, esa información quedará recollida no calendario do curso. Mentres non se cumpra a hora de inicio, nen sequera o moderador poderá iniciar a sesión.
Con eso estaríamos listos para Gardar os cambios tendo xa unha sala para videoconferencias.