Inserir icona de acceso á aula virtual desde a web do centro

Logo alula virtualNesta páxina descríbese como configurar na web do centro un bloque cunha icona e un enlace de acceso á aula virtual.

Considerase moi recomendable que todos os centros do proxecto Webs Dinámicas configuren este bloque para que os alumnos poidan identificar claramente o acceso ás súas respectivas aulas virtuais.

A continuación descríbese o procedemento para amosar o bloque coa icona de acceso a aula virtual de cada centro

Esta configuración debe facela un usuario administrador do sitio na ruta: ruta bloques

O bloque que debemos activar (preferentemente na zona superior dalgunha das barras laterais) chámase: Custom Blocks: Enlace Aula Virtual.

O atoparemos na zona inferior dos bloques desactivados.

custom blocks

A continuación pulsa en Gardar os bloquesna parte inferior e comproba que o bloque quedou situado no lugar desexado.

Podes desprazar o bloque empregado os pesos ou a icona da cruz movementoque figuran a esquerda de cada bloque. 

Última modificación: Xoves, 19 de Novembro de 2020, 13:13