Execución do cron das aulas virtuais

Moodle ten un proceso coñecido como cron que leba a cabo certas tarefas que non se inician de xeito interactivo por ordes do usuario senon que se fan de xeito periódico. Unha destas tarefas que os usuarios perciben con maior claridade é o envío de correos electrónicos de aviso por novas entradas nos foros dos cursos, pero hai moitas máis.

Esta execución do cron iníciase a certas horas do día de xeito centralizado para todas as aulas virtuais dentro do proxecto Webs Dinámicas. A completitude do proceso para todas elas está a tardar actualmente uns 90 minutos o que quere dicir que aínda que o proceso se inicie por exemplo as 8:00 horas pode ser que o cron da aula virtual do noso centro non complete ata 90 minutos despois.

Ata o de agora (setembro 2021) este proceso de cron iniciábase tres veces ao día: 8:00, 14:30 e 20:00

Desde o día 4 de outubro de 2021 estase a iniciar 7 veces ao día a estas horas: 8:00, 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00 e 20:00.


Última modificación: Luns, 8 de Novembro de 2021, 11:58