Configuración da aula virtual para usar a app


Configuración da aula virtual para usar a app

 

A configuración da aula virtual para permitirlles aos usuarios o acceso a través da app Moodle Mobile debe ser feita por un administrador da aula virtual, xa que é o usuario que conta cos permisos suficientes para poder activar este servizo.

A configuración consta dos seguintes pasos:


1º PASO. Activar os servizos web para móbiles


Menú = "Administración - Administración do sitio - Apli móbil - Axustes para mobile"

 Nesta pantalla, haberá que marcar a casilla "Activar os servizos web para móbiles" e finalmente pulsar o botón "Gardar os cambios"

   

 

  


2º PASO. Activar os servizos externos

  

Menú = "Administración do sitio - Engadidos - Servizos web - Servizos externos"

Nesta pantalla, haberá que pulsar sobre a opción "Editar" (na parte dereita da pantalla) que corresponde ao servizo Moodle mobile web service.


Ao premer en Editar, mostraráse unha nova pantalla, na que se deberá marcar a casilla "Activado" e finalmente "Gardar os cambios

    


3º PASO. Habilitar o permiso de creación de credenciais

Menú = "Administración do sitio - Usuarios - Permisos - Definir roles"

Nesta pantalla, debemos pulsar sobre a icona de edición "roda dentada" que corresponde a "Usuario autenticado"


Despois de pulsar a icona de edición (roda dentada) móstrase unha pantalla moi longa (moi extensa), onde deberemos localizar e marcar a opción;

  • Crear unha ficha de servizo web (moodle/webservice:createtoken)   


Nesta mesma pantalla debemos comprobar que tamén aparece marcada a opción inmediatamente anterior titulada "Crear unha ficha de servizo web para acceso de móbiles"

Finalmente, pulsamos o botón "Gardar os cambios" que atoparemos no fondo (ao final) da pantalla.

   

  

   IMPORTANTE: Acceso de usuarios administradores

Por defecto, os usuarios administradores da Aula Virtual non poden usar a app Moodle Mobile, xa que o servizo de creación automática de credenciais non se permite para usuarios "administradores" por razóns de seguridade.

Para permitir aos usuarios "administradores" o uso da app Moodle Mobile, é necesario habilitar manualmente o permiso para cada un deles desde a seguinte pantalla:

Menú = "Administración do sitio - Engadidos - Servizos web - Xestionar os testemuños"

1º.- Pulsa o enlace "Engadir"

2º.- No desplegable "Usuario Buscar" seleccionar o usuario "administrador" que desexes.

3º.- No desplegable "Servizo" selecciona a opción "Moodle Mobile web service"

4º. -Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios"


Nota: Este procedemento só é aplicable aos usuarios administradores, para que poidan usar a app Moodle Mobile. Para todos os demáis usuarios non é necesario realizar este procedemento.


  

  

  

  

Última modificación: Luns, 24 de Outubro de 2022, 18:43