Uso dunha xuntanza BBB: Atallos de teclado

Existen combinacións de teclas que dan acceso rápido e directo ás distintas funcionalidades de BBB. O listado destes atallos está accesible a través da icona con tres puntos no recuncho superior dereito (Opcións).

Menú tres puntos derecho

Atención! Compre ter en conta que dependendo da configuración do ordenador e do navegador algúns destes atallos poden non funcionar ou poden levar a accións xa establecidas naqueles. É habitual que os atallos que comezan por "Alt+" se empreguen para acceso a distintas opcións de menú polo que posiblemente non se poidan empregar para o uso da xuntanza.

Atallo
 Función
Alt + Shift+ O Abrir ou pechar menú de opcións
Alt + Shift+ U Amosar/agochar o panel lateral de usuarios
Alt + Shift+ M Silenciar / Activar audio
Alt + Shift+ J Unirse ao audio
Alt + Shift+ L Abandonar o audio
Alt + Shift+ P Alternar conversa pública (a lista de usuarios debe estar aberta)
Alt + Shift+ H Ocultar conversa privada
Alt + Shift+ G Pechar conversa privada
Alt + Shift+ A Abrir menú de accións
Espacio Abrir caixa de ferramentas (Presentador)
Frecha dereita
 Seguintee diapositiva (Presentador)
Frecha esquerda
 Anterior diapositiva (Presentador)

Última modificación: Venres, 9 de Abril de 2021, 13:01