A papeleira de reciclaxe

As versións actuais de Moodle incorporan unha "papeleira de reciclaxe".

  • Permite a recuperación de recursos e actividades eliminados dun curso.
  • Permite a recuperación de cursos completos eliminados.
  • A recuperación dunha actividade inclúe os datos relativos á participación dos usuarios na mesma.
  • A recuperación dun curso completo inclúe a inscrición de usuarios e toda a información relativa á súa participación no curso.
  • Cada curso e cada categoría de cursos ten a súa papeleira de reciclaxe.
  • O acceso á papeleira de reciclaxe está no menú de administración (ou roda dentada) do curso ou da categoría na opción "Recycle bin".
  • No caso do borrado de recursos e actividades dun curso, a súa recuperación non é posible de xeito inmediato despóis da eliminación, senón que é necesario agardar que se complete a seguinte execución do cron da aula virtual. Ver: Execución do cron das aulas virtuais.
  • No caso de borrado completo dun curso, este aparece de xeito inmediato na papeleira de reciclaxe da categoría, de donde é posible recuperalo sen necesidade de agardar pola execución do cron.
  • A recuperación será posible durante o prazo establecido na configuración da papeleira de reciclaxe (7 días).
  • Non é posible recuperar recursos ou actividades dun curso cando o borrado foi feito polo proceso de restauración dunha copia de seguridade sobre o curso.
  • Non é posible a recuperación de cursos completos cando o que se borrou é a categoría que os contiña.
Configuración da papeleira de reciclaxe:

En Administración do sitio, Engadidos, Ferramentas de administración, Recycle bin podemos configurar o seu funcionamento:

  • Actualmente a configuración está forzada para que todos os centros teñan a mesma configuración. Isto ven motivado para evitar que algún centro a desactive sen querer, perdendo a súa funcionalidade, e para evitar que se aumente o periodo de retención o que aumentaría o espazo de almacenamento requirido.
  • Unicamente é posible modificar a opción para que o enlace de acceso á papeleira dos cursos e das categorías sexa ocultada automáticamente cando non hai ningún elemento dispoñible.

Configuración da papeleira de reciclaxe

Cómo recuperar un recurso ou unha actividade eliminada dun curso:
  • Logo da eliminación debemos agardar a que se complete a seguinte execución do cron da aula virtual para que o elemento eliminado estea dispoñible na papeleira de reciclaxe do curso.
  • Poden facer a recuperación os usuarios co rol de Profesor/a no curso e tamén os Xestores e Administradores da aula virtual.
  • Hai que entrar no curso e, polo seu menú de administración (ou roda dentada), acceder á opción "Recycle bin". Se non aparece esta opción é porque non hai nada dispoñible na papeleira, quizais é que aínda non se executou o cron.
  • Unha vez que temos acceso a papeleira debemos localizar o recurso ou actividade eliminado que queremos recuperar.
  • Á dereira do elemento teremos dous botóns:
    • Restaurar. Recuperará o elemento desde a papeleira deixándoo no curso na mesma posición que ocupaba cando foi eliminado.
    • Eliminar. Eliminará definitivamente ese elemento.
Papeleira de reciclase do curso
  • Unha vez feita a recuperadión Moodle amosará unha mensaxe como esta.
Elemento recuperado
  • Podemos voltar ao curso para comprobar o resultado.
Cómo recuperar un curso completo eliminado:
  • Logo da eliminación o curso estará dispoñible de xeito inmediato na papeleira de reciclaxe da categoría que o contiña.
  • Esta recuperación pode ser feita por un Xestor ou un Administrador da aula virtual.
  • Debemos acceder á opción "Recycle bin" da categoría que contiña o curso eliminado. Podemos chegar a esta opción por dous camiños:
    • Por Administración do sitio > Cursos > Administrar cursos e categorías. Localizada a categoría, prememos na súa roda dentada para acceder ao seu menú de administración.
    • Accedendo á categoría desde o Inicio do sitio e logo ou ben polo seu menú de roda dentada ou polo bloque de Administración. Isto vai depender do tema que teñamos na aula virtual.
  • Se non aparece a opción "Recycle bin" é porque non hai nada dispoñible na papeleira da categoría.
  • Unha vez que temos acceso a papeleira da categoria temos que localizar o curso eliminado que queremos recuperar.
  • Á dereira do curso teremos dous botóns:
    • Restaurar. Recuperará o curso desde a papeleira.
    • Eliminar. Eliminará definitivamente o curso.
Papeleira de reciclaxe da categoría

  • Unha vez completada a recuperación moodle amosará unha mensaxe como esta.
Curso recuperado
  • O curso volverá estar dispoñible.

Última modificación: Martes, 15 de Novembro de 2022, 17:43