Xeral
Documentación deste curso para Imprimir
-
Neste módulo veremos tarefas ou rutinas do administrador da páxina, por exemplo: dar de alta aos usuarios, configurar roles... Pero tamén tarefas fundamentais en canto aos permisos dos roles e, polo tanto, dos usuarios, tanto a nivel dos módulos aos que lles permitimos acceder como, nun nivel máis práctico, se poden ou non publicar e onde (en que categoría ou termo) poden publicar.
Por defecto atoparemos, ademáis dos específicos do Drupal, dous roles xa creados, un deles con tódolos permisos (Administrador) e outro con permisos restrinxidos (Profesorado). Podemos crear tantos roles como queiramos, pero debemos lembrar que un número excesivo de roles complicará enormemente as labores de xestión por parte do administrador.
Aprenderemos que hai que asignar usuarios a roles e que será desde os roles desde onde se regule o traballo colaborativo da páxina. Todo o proceso está condicionado por algo que xa coñecemos: as categorías e os seus termos.
Recomendamos, ademáis do seguemento dos distintos apartados, a visualización do video-titorial onde vemos un exemplo práctico de configuración dos permisos das categorías-termos para un rol.
Nos menús de administración "Construción da páxina" é onde configuramos todo o relativo á "estrutura física" da páxina: dende a distribucións dos seus diferentes elementos (bloques e menús), ata a selección das plantillas que dan un aspecto máis personalizado.
Veremos ademáis os módulos que son os responsables de dotar de funcionalidades á nosa páxina. Como administradores no centro dun Proxecto compartido cos demais centros educativos galegos, poderemos activar e desactivar os módulos xa instalados pero a instalación de novos módulos está restrinxida aos responsables do proxecto Webs dinámicas.
Xunto con "Administración do contido", "Construcción da páxina" e "Mantemento de usuarios" este conxunto de menús de administración permítennos personalizar a configurar básica da nosa páxina, así como acceder ás configuracións da maioría dos nóvos módulos que instalamos a mariores do propio núcleo de Drupal.
Divideremos este tema en dous Bloques nos que trataremos dous módulos íntimamente relacionados: Rexistros e Estatísticas
Nesta sección veremos como acceder aos rexistros do sistema e a outra información de interese sobre o estado do noso sitio.
O módulo watchdog (vixiante) monitoriza a páxina, capturando os eventos do sistema nun rexistro. O vixiante non é máis que unha lista dos eventos almacenados que contén datos de uso, de rendemento, de erros, de avisos e de información sobre as operacións que se realizan.
É importante verificar o informe do vixiante con certa regularidade. En caso de detectar algunha anomalía nos informes, deberá de comunicarse o antes posible co seu Asesor SIEGA/ABALAR de Zona.
O core de drupal trae incorporado o módulo Statistics, que nos permite ter información estatística do noso sitio web: número de veces que se visitou unha páxina, contidos que se visitaron nesa páxina, data na que se mostrou, número de visualizacións recentes dun contido, número de veces que se visualizou en total, referentes principais (páxinas de terceiros que apuntan á nosa)...
Estas estatísticas proporciónannos detalles sobre os usuarios da páxina e o uso que fan dela (contidos populares, os máis vistos recentemente, os máis vistos todo o tempo etc.)