GUIA PARA ACTIVAR OS BLOQUES DE CADA PLANTILLA

A partir da versión 5.x de DRUPAL, cada plantilla (tema) permite personalizar os bloques que desexemos ter activados ou desactivados.

Deste xeito cando cambiamos a plantilla (tema) da páxina debemos de asegurarnos previamente de que estén activados os bloques que nos interesa visualizar.

Para facer esta comprobación deberemos:

  • Ir ó menú Administrar > Contrución da páxina > Bloques

  • Aí veremos, na parte superior, enlaces ás diferentes 'opcións das plantillas (temas)', por exemplo: 'opcións de B7'.
    (ver imaxe inferior)

  • Premendo sobre este enlace de opcións de cada tema (plantilla) podemos comprobar o estado dos bloques: se están activados ou desactivados e en que rexión aparecen ubicados.

  • Deberemos comprobar que os bloques que queremos visualizar estén activados. De non ser así haberá que activalos e ubicalos na rexión correspondente (barra lateral esquerda, barra lateral dereita...)
Con esta actualización permítese unha maior personalizacion de cada tema, pero corremos o risco de seleccionar un tema ao que previamente non lle activaramos os bloques, co cal non pederiamos acceder ás diferentes seccións da nosa web.


Suxestión Debes lembrar que, como mínimo, en tódalas plantillas deben estar sempre activados o bloque "INICIO DE SESIÓN 2" e o bloque "NAVEGACIÓN"



Opcións das plantillas
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06