Activación e configuración do módulo

NOTA:

Na nova estrutura do Proxecto Webs Dinámicas os módulos instalados son comúns a tódolos centros.

A incorporación ou non dun novo módulo ao proxecto dependerá da valoración da súa funcionalidade, da coherencia co resto dos módulos e da súa adecuación ás características técnicas dos servidores da Consellería de Educación.

Unha vez valorada a súa inclusión tamén é necesario documentalo e publicitalo.

Como exemplo dos traballos que o administrador da web do centro terá que facer no caso de querer incluilo imos nesta tarefa a activar un módulo que por defecto non ven activado na actual configuración (está dispoñible pero non activo).

PASOS A SEGUIR:

  • Paso 1: Activación do módulo Lightbox2. Ruta: Administrar - Construcción da páxina - Módulos
  • Paso 2: Determinar os roles para os que estarán dispoñibles as opcións de configuración deste módulo.
    Ruta: Administrar - Mantemento de usuarios - Control de Acceso
  • Paso 3: Configuración do módulo. Ruta: Administrar - Configuración da páxina - Lightbox2

1.- Activación do módulo

O módulo Lightbox2 xa se atopa instalado na versión 5.x de DRUPAL do proxecto Webs Dinámicas, pero por defecto está desactivado en tódolos centros.

Pasos a seguir:

  1. Ir ao menú "Administrar > Construcción da páxina > Módulos"
  2. Marcar a casilla "Lightbox2" (1) na sección "Other" desta mesma pantalla de módulos.
  3. Pulsar o botón "Garda-la configuración"
(1) Moitos dos módulos de DRUPAL precisan da instalación previa de outros módulos, dos que dependen para poder funcionar. No caso do Lightbox2, precisa da actualización das librerías JQuery (JQuery Update) que, como podemos ver na sección "User Interface" desta mesma pantalla de módulos, xa están instaladas .


2.- Configuración dos permisos de administracción e configuración do módulo

Despois de activar o módulo temos que darlle permisos ao rol "administrador" para poder acceder ás súas opcións de configuración.

Pasos a seguir:

  1. Accedemos ao menú, Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso
  2. Buscamos o módulo "Lightbox 2 módulo" e marcamos a opción "administer lightbox2" para o rol administrador. (2)
(2) Non será necesario marcar este permiso para o resto de roles, xa que se trata dos permisos de administración do módulo.


3.- Configuración do módulo

Unha vez activado Lightbox2, debemos acceder á pantalla de configuración do propio módulo para realizar varios axustes.

Pasos a seguir:

  1. Accedemos ao Menú na Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Lightbox2
  2. Veremos unha imaxe similar á seguinte onde poderemos configurar cada unha das opcións dispoñibles que veremos a continuación conmais detealle.
CONFIGURACIÓN LIGHTBOX
Pestana "General"

Permítenos configurar diversas opcións do comportamento xeral do módulo.

Dentro desta pestana atoparemos unha sección especialmente interesante denominada "Page specific lightbox2 settings".

Nesta sección podemos decidir que este módulo actúe únicamente nas páxinas especificadas, ou ben que o módulo actúe en tódalas páxinas excepto nas especificadas.

Se deixamos marcada a opción por defecto "Load on every page except the listed pages" e non introducimos ningunha páxina no recadro, o módulo actuará en tódalas páxinas do noso sitio.


Pestana "Slideshow"

Desde esta pestana poderemos configurar os diversos comportamentos do "slideshow" (pase de diapositivas): intervalos de tempo entre diapositivas, parada automática, inicio automático, ... etc.


Pestana "HTML Content"

O módulo Lightbox2 pode mostrar as imaxes soas, ou conxuntamente co resto do contido HTML da páxina onde se atopan.
Desde esta pestana podemos configurar o tamaño da nova ventá onde se mostrará a imaxe integrada no contido HTML, no caso de que nos decidamos por esta opción (na pestana seguinte).


Pestana "Automatic image handling"

DeNde esta última pestana podemos configurar sobre qué tipo de imaxes queremos que actúe este módulo.
Como norma xeral, activaremos as funcionalidades de Lightbox2 para a sección "Image node settings".
A forma de actuar deste módulo consiste en insertar de forma automática un código á imaxe para que entre en funcionamento ao facer clic sobre ela.

A sección que debemos configurar é "Image node settings":

opcións de configuración lightbox
Opcions lightbox2
  • Seleccionaremos a opción de "Lightbox" (3) se queremos que se mostren as imaxes soas
  • Seleccionaremos a opción de "HTML content" se queremos que se mostren as imaxes integradas nos contidos HTML nos que se atopan.
(3) Aconsellamos seleccionar inicialmente esta opción.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06