3.3 BLOQUES

Ruta: Administrar > Construción da páxina > Bloques

Boques

Os bloques son as caixas de contido que podemos colocar en diferentes rexións da nosa páxina web, por exemplo nas zonas laterais, e conteñen información de moi diferentes tipos: menús, imaxes, texto, enlaces, vídeos, etc...

Tamén é posible configurar o comportamento dos bloques para indicar, por exemplo, a que páxinas e a que usuarios lles deben aparecer ou non.

3.3.1. Tipos de bloques

  1. Xerados manualmente: son os creados polos administradores para aloxar elementos fixos na páxina (unha selección de enlaces, por exemplo). Na versión actual do Drupal do Proxecto é posible crear o contido do bloque utilizando o editor de texto enriquecido. Para lograr unha mellor apariencia do bloque pódese tamén incluir unha imaxe pequena que non exceda de 175 px de ancho).
  2. Xerados autompaticamente pola aplicación: estes son os xerados pola aplicación directamente a raíz doutras accións, como por exemplo a creación de Menús visto no punto anterior, ou pola activación de certos módulos.

3.3.2 Lista

Ao acceder á Lista de Bloques, o primeiro con que nos atopamos é con enlaces aos temas / plantillas instalados (estean ou non activos). Isto é así porque as diferentes configuracións posibles dos Bloques están ligadas a cada tema / plantilla en particular. Isto significa que un mesmo bloque, por exemplo o menú de Deportes, pode estar activo para un tema en concreto pero non para outros. Por esta razón ás veces pasa que ao cambiar o aspecto visual da nosa páxina, é dicir, ao cambiar de tema ou plantilla, "pérdense" ou "desaparecen" algúns menús. O que pasa é que eses menús non estaban activos para o tema elixido.

De todos os temas dispoñibles, a lista refirese automaticamente ao que temos seleccionado por defecto (no noso exemplo o tema B7) que é, como se ve na ilustración o primeiro da lista. Veremos máis información sobre os temas no apartado seguinte pero xa advertimos que antes de cambiar un tema por outro hai que comprobar que bloques están activados para o tema novo, e que sempre teñen que estar activados os bloques "Inicio de sesión 2" e "Navegación". Despois da lista de temas aparecen as opcións de configuración dos bloques (sempre para o tema elixido)

Atopamos catro columnas: Bloques, Rexión, Peso e Operacións.

  • Bloques: nesta columna lístanse os bloques dispoñibles.
  • Rexión: indícanos en que rexión da nosa páxina está dispoñible actualmente o Bloque. Estas rexións tamén dependen da plantilla que teñamos escollido, pero fundamentalmente son:
    • barra lateral esquerda
    • barra lateral dereita
    • contido
    • encabezado

  • Peso: sérvenos para poder posicionar verticalmente os bloques. Canto menor peso máis arriba se situará con respecto aos bloques situados na mesma rexión.
  • Operacións: podemos acceder á configuración particular de cada bloque e/ou eliminalos no caso de ser un bloque creado directamente (por exemplo, para aloxar algún contido en HTML, un vídeo embebido...)

3.3.3. Activar Bloque xerado desde Menús

Como dixemos no apartado anterior, cando se crea un novo Menú automaticamente se crea tamén o seu bloque correspondente. Por defecto non aparece en ningunha Rexión, polo que agora só debemos decidir onde o situamos. Para isto na columna de Rexión facemos clic sobre o despregable e seleccionamos algunha das rexións dispoñibles, por exemplo, na barra lateral dereita.

Activar bloque de menú
Deste xeito conseguiremos que na nosa páxina xa apareza o Bloque que contén un Menú ao que temos asociada unha Categoría, sendo os elementos do menú os termos desa Categoría (lembremos que o seu nome está desactivado para que non se repita xunto co nome do Menú).

Bloque de menú publicado
Elementos: bloque, menú e elementos de menú

3.3.4. Engadir bloque

Engadir bloque

Empregaremos esta opción para xerar bloques manualmente. Os campos a cubrir son:
    • Descrición do bloque: é o nome que se amosará na lista de bloques, non necesariamente o amosado unha vez configurada a presentación do mesmo.
    • Corpo: admite diferentes formatos de entrada podendo utilizar linguaxe html para crear un bloque deste tipo. Na versión actual do Drupal de WD por defecto ven activo o "texto enriquecido" coa finalidade de facilitar a creación deste tipo de bloques aos administradores. Editando o texto como se fora un contido podemos incluir unha imaxe (recoméndase como máximo 175 px de ancho), enlaces a webs interesantes ou a partes da nosa propia web, etc.
    • Formato de entrada: podemos utilizar dúas linguaxes diferentes para crear este tipo de bloques, html e php.
      • Filtered HTML: esta opción utilízase para eliminar etiquetas que puideran dar problemas relacionadas coa presentación da páxina, pero en ocasións elimina tamén etiquetas necesarias para a mostra do contido.
      • PHP code: non recomendamos utilizar esta linguaxe xa que esixe coñecementos moi específicos e mal utilizado pode xerar problemas de seguridade.
      • Full HTML: É a opción que ven selecionada por defecto e a máis recomendable. Se importamos código doutras páxinas desactivaremos o texto enriquecido (opción "Disable rich text").
Unha vez gardado o bloque así xenerado aparecerá na lista dos bloques como bloque "desactivado". Todos os bloques engadidos así presentan dúas opcións "configurar" e "borrar". Na opción configurar podemos ademáis de acceder as propiedades do bloque que comentamos a continuación (2.3.5) poñerlle un título que será o que apareza na páxina (se non poñemos título e o activamos o bloque aparecerá igual pero, como é lóxico, sen título.

3.3.5. Configuración dos bloques

Finalmente, tamén temos a posibilidade de configurar características específicas para cada bloque. As opcións de configuración que presentan os Bloques son as seguintes:
    • Collapsible: configuración sobre a expansión do bloque.
      • None: o bloque móstrase expandido e o usuario non ten opción de contraelo.
      • Collapsible, expanded by default: o bloque amósase expandido pero o usuario pode contraelo manualmente.
      • Collapsible, collapsed by default: o bloque amósase contraído pero o usuario pode expandilo manualmente.
Collapsible
         
    • Axustes específicos do bloque: dependo das funcionalidade que amose o bloque este pode ter configuracións específicas que aparecerán nesta rexión da pantalla.
    • Título do bloque: este amósase na presentación do bloque. Non debemos confundir este nome, co que utiliza Drupal para identificar o bloque e sería o que aparece na lista.
Título do bloque
    • Configuración personalizada da visibilidade: permite aos usuarios personaliza a visibilidade deste bloque na súa páxina de configuración da conta.
Configuración personalizada da visibilidade
    • Mostra o bloque para roles específicos: amosa este bloque só para os roles seleccionados. Se non selecciona ningún rol, o bloque é visible para tódolos usuarios.
Mostra o bloque para roles específicos
    • Amosar o bloque en certas páxinas: configurando esta opción podemos decidir, segundo a ruta dos contidos, se se ven ou non certos bloques. Engadiremos as rutas de Drupal a partir do "?q=" (exemplo: na ruta "http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/?q=node/588" engadiríamos: "node/588" para referirnos a ese contido en concreto. Tamén podemos facer referencias a rutas de foros (forum), categorías (category) e demais. O asterisco (*) funciona a modo de comodín, así se escribimos "node/*" a orde afectaría a tódolos contidos. As ordes que podemos dar sobre as rutas que indiquemos, unha por liña, son:
      • Amosar en tódalas páxinas agás nas listadas: O bloque amosarase en todas as páxinas excepto naquelas que sinalaramos previamente nesta configuración.
      • Amosar só nas páxinas listadas: O bloque só se amosará nas rutas que coincidan coas listadas, así si a categoría "Biblioteca" é a número "8", e queremos que un bloque só se amose cando o usuario navega por esta categoría deberiamos marcar "category/8/*
      • Amósase se o código PHP devolve VERDADEIRO (modo PHP, só para expertos): recomendamos encarecidamente non utilizar esta opción.
Amosa-lo bloque en certas páxinas
           
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06