6.7 Configuración do módulo Estatísticas (Statistics)

Debemos activar o módulo da forma habitual en Drupal aínda que é moi probable que xa estea activo por defecto.

Ruta: Administrar > Construción da páxina > Módulos

Buscamos na lista de módulos dispoñibles o módulo Statistics, senón está marcado o facemos e gardamos os cambios.

Estatísticas activación do módulo

Unha vez activado, na Ruta: Administrar > Rexistros, mostrarase a opción de Configuración dos rexistros de acceso onde encontraremos dúas opcións que debemos activar.

Estatísticas configuración dos rexistros de aceso

Configuración de rexistros de acceso

  • Activa-lo rexistro de acceso: permíte activar e desactivar o rexistro de acceso. Este rexistro úsase para almacenar datos sobre cada páxina á que se accede, como o enderezo IP da máquina remota, o lugar de onde ven (referente), que nodo ve e o seu nome de usuario. Ao activar o rexistro engádese unha chamada á base de datos por cada páxina que amosa Drupal.
  • Descarta-los rexistros de acceso anteriores: que lle permiten configurar canto tempo se deben almacenar as entradas de acceso antes de eliminalas da táboa da base de datos. Deste xeito estableceremos o tempo (en horas, días ou semanas) que debe transcorrer para que as entradas do rexistro se considere antigas e descártense automaticamente (isto inflúe na información que se mostra como máis visitada "recentemente") [1]
  • Configuración dos contadores de visita do contido: o activar o contador de visitas a nodos engádese unha consulta extra á base de datos para cada nodo que se amosa. Deste xeito cada vez se se visite un nodo [2], incrementarase o contador de visitas deste e aparecerá un texto "x lecturas", ao ver o nodo, onde x é o número de visitar recibidas.

Pode consultarse máis información no manual de configuración e personalización páxina do módulo Statistics: http://drupal.org/documentation/modules/statistics.



[1] Para que isto funcione é necesario executar o CRON periodicamente.

[2] Os contidos asociados ao módulo Node son: páxina, páxina de libro, contidos moderados e o contido historia (ou anuncios)

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06