Resumo da creación dun menú dinámico a partir dunha categoría


Aínda que está no contido do apartado 3.2 destacamos agora o resumo dos pasos a seguir para a creación dun menú dinámico a partir dunha categoría e os seus termos:

  1. Crear unha Categoría co seu Vocabulario e os seus Termos
    (Ruta: Administrar - Administración do contido - Categorías - Engadir Vocabulario / Engadir Termos)

  2. Ir ao Taxonomías-Menú e activar a opción Normal para a Categoría recén creada
    (Ruta: Administrar - Configuración da Páxina - Taxonomy Menu)

  3. Ir a Menús e crear un novo Menú que levará o mesmo nome que lle demos á Categoría
    (Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - Engadir menú)

  4. Buscamos dentro do menú de Navegación o elemento de menú correspondente coa Categoría creada. Damoslle á opción Editar e substituímos o elemento pai de Navegación polo novo Menú creado
    (Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - Lista)

  5. Desactivamos o nome da Categoría para que non se repita posteriormente na páxina
    (Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - (nome da categoría creada / opción Desactivar)

  6. Facer visible o Bloque correspondente e situalo no lugar desexado
    (Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Bloques - Desactivados/Rexión (de <ningún> a lateral dereita ou esquerda...)
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06