IMCE axustes

Ruta: Inicio > Administrar > Configuración da páxina > IMCE axustes

Estamos diante dun módulo moi interesante xa que permite engadir imaxes dende o procesador de textos TinyMCE sen necesidade de empregar os módulos image-assist ou image.

Este módulo engádelle unha propiedade máis á icona de imaxe no procesador (árbore verde) e ao premer nela podemos engadir unha imaxe.

3.2 Imce Axustes
  • Nas opcións comúns como apreciamos na imaxe debe estar activo o módulo no procesador de textos (enable tinymce support). Se existe un usuario con múltiples roles sempre recibirá os permisos do rol máis alto.

Despois xa entramos nas propiedades asignadas a cada rol: administrador, profesorado....

3.2 IMCE

Algunhas recomendacións para o rol administrador:

  • Marcar delete files (poder borrar ficheiros), marcar cargar ficheiros e marcar limitless upload co cal conseguiremos que o rol de administrador non teña límites na subida de imaxes.
  • Podemos configurar o tamaño máximo das imaxes, recomendando non superar estas cifras xa que a carga da imaxe sería lenta.
  • Se marcamos Enable scaling... teremos que se unha imaxe recén subida ten dimensións que exceden o límite, reducirase en vez de dar un erro.
3.2 IMNCE

Algunhas recomendacións para o rol profesorado:

  • Dependerá do administrador da páxina os límites que lle queira marcar aos diferentes roles.
  • No resto das opcións será o administrador tamén o que teña na súa man activar ou desactivar as opcións como
  • Thumbail: pode permitir a creación automática de miniaturas de imaxes de recén subido. Para desactivar deixar os campos en branco-
  • Custon resizing: activar adaptación personalizada. Os usuarios serán capaces de redimensionar as imaxes para calquera tamaño ata dimensións permitidas

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06